O PP de Pontevedra lamenta a falta de rigor e seriedade do Ministerio de Transportes xa que adia sen ningunha explicación concreta a obra do enlace da AP-9 en Vilaboa

Redacción

• Os deputados nacionais, Irene Garrido, Pedro Puy e Juan Bayón, preguntaron ao Goberno sobre a situación actual do proxecto que contemplaba a construcción do enlace, e a resposta foi “Actuarase neste tramo, cando sexa necesario”.

• O voceiro popular, Alberto Acuña denunciou esta lamentable resposta do Goberno central. “Unha vaga resposta onde se nos di que actuará nesa conexión “cando faga falta”, como se non fixera falta”, lamentou o popular.

• Pedro Puy indicou que “o Goberno central de Pedro Sánchez fixo un novo desleixo con Galicia, cunha infraestrutura incompleta porque non cumpre o fin para o que foi feita, e por riba, os accesos os fixeron de formigón que non é o firme axeitado para o paso de vehículos pesados, nin ten canalizada a estrada para evitar asolagamentos en inverno”, indicou.

Os deputados nacionais do PP de Pontevedra, Irene Garrido, Pedro Puy e Juan Bayón, lamentan a falta de rigor e seriedade do Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible, que adia sen ninguna explicación a obra xa prevista do enlace de entrada e saída da AP-9 en Vilaboa.

Os deputados rexistraron unha pregunta ao Goberno sobre a situación actual, tanto a nivel administrativo como técnico do proxecto que contemplaba a construcción do enlace de entrada e saída da AP-9 en Vilaboa. Esta obra estaba xa incluida no proxecto da A-57 para facer un nó entre a N-550 e a AP-9, facilitando así e mellorando a circulación viaria nestas estradas.

Os deputados nacionais Pedro Puy e Juan Bayón estiveron no nó da Barbeita en Figueirido, no concello de Vilaboa, acompañados do voceiro do PP no concello, Alberto Acuña, onde Pedro Puy indicou que “é realmente asombroso que o transporte pesado teña que saír en Rande e vir pola estrada ou, pola contra, ir ao centro de Pontevedra e practicamente voltar para atrás, tendo aquí unha saída, sobre todo cando ademais esta estrada está moi colapsada porque polo custo das peaxes, xa que son moitos os usuarios que fan Pontevedra-Vigo, Vigo-Pontevedra a diario.

O deputado nacional explicou que é unha estrada cargada de tráfico e ademais de tráfico pesado. “Isto evitaría moitos problemas e simplificaría moito as viaxes e polo tanto é unha necesidade. Sorprendentemente, cando lle preguntamos ao goberno que pensaba facer o que nos dixo é que actuaría “cando fixera falta” e nós entendemos que xa fai falta hoxe, para permitir o tránsito pesado directamente desde a AP-9 á nova A-57. Nós reiteramos esta petición insistiremos nela porque cremos que é de absoluta lóxica e que beneficiará a todos os cidadáns da comarca, especialmente os de Vilaboa, que soportan tráficos que non deberían de soportar con estas infraestruturas xa feitas”, explicou.

Pola súa banda, o voceiro popular no concello, Alberto Acuña denuncia a vaga resposta do goberno central cando se lle trasladou a pregunta sobre os plazos de execución da conexión da AP-9 ao nó da Barbeita, onde tamén está a conexión da A-57. “Unha vaga resposta onde se nos di que actuará nesa conexión “cando faga falta”, como se non fixera falta”, lamentou o popular.

Alberto Acuña explicou que este un proxecto incompleto cando se fixo a A-57 . “Xa que esta conexión é básica, porque se a A-57 pretende ser o nó a Pontevedra, que veñan os transportistas ata aquí ata Vilaboa e non podan conectarse coa A-57 fai desa infraestructura algo que non funcionan”, indicou..

Formigonado nas saídas
Alberto Acuña deu traslado das queixas do veciños, xa que todas as pistas, os accesos ás casas, os accesos os negocios quedaron sen asfalto, quedaron simplemente cun formigón que non é nin o adecuado nin o previsto. “Queremos denunciar a situación na que estamos e sobre todo, intentar que o Ministerio de Transportes tome medidas e acabe este proxecto nas condicións axeitadas”, indicou o voceiro popular.

Pedro Puy indicou que “o Goberno central de Pedro Sánchez fixo un novo desleixo con Galicia, cunha infraestrutura que aínda está incompleta, porque non cumpre o fin para o que foi feita, e por riba, os accesos os fixeron de formigón, o que non é un tema menor, porque non é un firme axeitado para o paso de vehículos pesados. Se se fai unha obra nova, o lóxico e normal sería que foran asfaltados que estivera canalizada a estrada antes de auga para evitar asolagamentos en inverno. E dende logo, pois iso non o fixo o Goberno central”, lamentou Pedro Puy.

Comparte este artigo