Home Pontevedra Baixo Miño O PP de Tomiño solicita o incremento das axudas municipais para actividades...

O PP de Tomiño solicita o incremento das axudas municipais para actividades sociais, culturais e deportivas ata os 120.000 euros anuais tras os recurtes do Goberno Local

- Anuncio -

-Os populares lamentan que o executivo do BNG leve catro anos coas achegas estancadas tras diminuír a partida orzamentaria nun 10% en 2021 e desbotando os efectos do 20% de suba da inflación nos últimos tres exercicios, o que mingua as accións das asociacións

-A voceira municipal, Lara Meneses, critica o “desleixo” do Concello cos colectivos e deportistas e esixe que a partida se incremente dos 90.000 euros actuais ata os 120.000 euros cunha partida específica nos Orzamentos Municipais 2025

-Lembra que municipios similares a Tomiño destinan máis fondos, como os 122.000 euros de Cambados, e oponse á perda de peso destas axudas nas contas municipais, onde xa supoñen menos do 1% dos recursos públicos

O grupo municipal do PP de Tomiño vén de solicitar, a través dunha moción que se debatirá no vindeiro pleno ordinario, o incremento das axudas municipais para actividades sociais, culturais e deportivas ata os 120.000 euros anuais a partires do ano 2025 para tratar de deixar atrás os recurtes económicos do goberno local nesta materia nos últimos catro anos.
Os populares indicaron que o executivo do BNG chegou a destinar ata 100.000 euros para estas actividades, pero no ano 2021 aplicou un “tesoirazo” do 10% e baixou a partida ata os 90.000 euros, cifra na que permanece estancada desde entón e que “tristemente” se mantén no presente 2024. E ademais deste recurte efectivo en termos absolutos, as asociacións e os deportistas de Tomiño tamén se ven afectados por outra diminución nas achegas municipais que reciben, posto que a conxelación da partida non lles permite compensar a suba da inflación en preto dun 20% ao longo dos últimos tres anos e mingua as súas posibilidades de accións e funcionamento.
“A perda adquisitiva real dos colectivos, que son fundamentais para a dinamización do noso municipio coas súas actividades, cífrase nun 30% nos últimos catro anos, xa que ao recurte do goberno local hai que engadirlle que, con eses mesmos cartos, poden facer moitas menos cousas porque, como todo o mundo entende, todo subíu moito de custe neste tempo. Polo tanto, só podemos lamentar o desleixo do goberno do BNG coas asociacións e cos nosos deportistas e imos esixirlle que rectifique de cara o próximo ano”, detallou a voceira municipal, Lara Meneses.

En concreto, na proposta presentada polo PP tomiñés demándase que a partida se incremente dos 90.000 euros actuais ata os 120.000 euros co dobre obxectivo de recuperar a contía que estaba vixente ata o ano 2020 e compensar a perda adquisitiva real polos efectos da suba do IPC. Ao respecto, engaden a necesidade de que este “razoable aumento” estea vixente a partires do próximo ano e se inclúa unha partida específica nos Orzamentos Municipais 2025.
“Estamos a facer unha proposta construtiva, xusta e necesaria, que ademais está orientada a tratar axeitadamente aos colectivos e deportistas que tanto fan por Tomiño e actuamos ademais en tempo e forma para que o goberno, se ten a ben atendela, poida incluila nas contas do ano que vén cando comece coa súa elaboración no vindeiro outono”, explicou a concelleira.

Finalmente, o PP local lembrou que concellos moi similares en poboación e movemento asociativo, como é o caso de Cambados, destinan máis fondos a esta materia, cifrados en 122.000 euros por exercicio, e lamentou a perda de peso específico destas axudas nos orzamentos municipais, xa que no ano 2017 representaban o 1,41% das contas do Concello e no presente exercicio apenas suporán o 0,98% dos recursos públicos de Tomiño.

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas