●O voceiro municipal, Alberto Acuña, califica de “manobra de distracción” a atención veciñal, “xa que non vai impedir que se siga pagando impostos elevados , nin vai amortiguar os graves efectos económicos nos petos dos veciños de Vilaboa”
●Reitera as súas propostas para rebaixar o tipo impositivo do 0,55 ao 0,40 e aplicar exencións ás fincas urbanizables non edificables, “que son as que padecen o maior problema fiscal”.
O grupo municipal do PP de Vilaboa vén de tildar de “absolutamente insuficientes” as medidas artelladas polo alcalde, César Poza, para tratar de axudar aos veciños ante a forte suba que experimentou o Imposto de Bens Inmobles (IBI) no seu mandato pasando de 669.154,81€ en 2020 a 1.263.557,96€ en 2023 , tras o proceso de regularización catastral que se acometeu no concello e a regularización de valoración pola aprobación do PXOM , e esíxelle “medidas efectivas e reais para evitar un novo sablazo fiscal aos veciños”.
Neste senso, o voceiro municipal, Alberto Acuña, calificou de “manobra de distracción” o servizo de asesoramento veciñal proposto polo rexedor para o incremento do IBI e tamén para afrontar unha posible modificación do PXOM que poida variar as calificacións do solo e rebaixar as contías deste imposto , “xa que no caso do tributo non hai un só beneficio para os veciños e só pretende aplacar a contestación social existente e no que se refire á normativa urbanística non supón ningunha solución nin a curto nin a medio prazo”.
“Cremos que o alcalde só busca gañar tempo empregando eufemismos e non ofrecendo ningunha solución de verdade aos vilaboeses, porque unha oficina de asesoramento non vai impedir que o solo suba ata tres veces o seu valor coa regularización catastral realizada, co conseguinte incremento do imposto que terán que pagar os veciños, nin vai amortiguar de ningunha maneira os graves efectos económicos que vai xerar nos petos dos contribuíntes”, detallou o edil popular.
Por todo elo, Alberto Acuña concretou que o PP reiterar as súas propostas, xa presentadas o pasado mes de outubro e rexeitadas polo goberno socialista, e consistentes, en primeira instancia, na rebaixa do tipo impositivo, fixado na actualidade no 0,55, ao mínimo legal do 0,40. “Con esta medida activaríamos unha baixada real dos recibos do 27% que axudaría de verdade a paliar a suba de valores e de liquidacións á que nos aboca a regularización catastral”, detallou.
Así mesmo, o voceiro municipal do PP tamén propón a aplicación de exencións ás fincas urbanizables non edificables com xa se aplican a parcelas urbanas de escaso valor é que se aplican tanto en vilaboa como noutros con ellos , “xa que son as que padecen o maior problema fiscal por esta situación e se beneficiarían dunha medida avalada pola xurisprudencia e xa aplicada en moitos concellos da nosa contorna”.

