O PP demanda aparellos de ximnasia para persoas maiores no centro urbano

adminON
Lectura mínima de 2

• Junco defende a práctica deportiva para contribuír ao “envellecemento activo da poboación, loitando contra o sedentarismo, potenciando a súa saúde física e mental, ao mesmo tempo que se fomenta que socialicen con outras persoas maiores”

• A edil popular visita a área recreativa de Cerponzóns, onde se atopan varios aparellos de gerontogimnasia nun estado de “abandono absoluto, oxidados e invadidos pola maleza”

A concelleira do Partido Popular de Pontevedra, Silvia Junco, solicitou a instalación de aparellos de ximnasia para persoas maiores nalgún dos parques do centro ou da periferia urbana.

A creación dun parque de calistenia, nos antigos terreos de Tafisa, permitirá aos pontevedreses practicar deporte de forza ao aire libre. Da mesma forma, para o Partido Popular é “igual de necesario” que o Concello de Pontevedra tome exemplo doutras capitais de provincia e incorpore “elementos de gerontogimnasia para as persoas da terceira idade nas zonas de esparexemento da cidade”.

Esta é unha disciplina que “contribúe ao envellecemento activo da poboación, potenciando a súa saúde física e mental, loitando contra o sedentarismo, ao mesmo tempo que se fomenta que socialicen con outras persoas maiores”, destacou.

A edil popular ha visitado a parroquia de Cerponzóns, onde se atopa unha das áreas lúdicas do rural que conta con aparellos de gerontogimnasia nun estado de “abandono absoluto, oxidado e invadido pola maleza”.

O PP inclúe na súa petición que se “reparen estes dispositivos” e “pénsese máis nas persoas maiores” de Pontevedra.

Comparte este artigo