• Os populares acoden á zona tras as queixas dos veciños e denuncian valos vellos, oxidadas e con buracos, un xardín descoidado e unha escasa oferta de xogos infantís
• Silvia Junco critica que o Goberno do BNG “executa actuacións, fai anuncios e despois esquécese en grao sumo importante: o mantemento”
Silvia Junco, concelleira do PP de Pontevedra, denunciou o lamentable estado no que se atopa o parque infantil de Ponte Boleira, despois das queixas trasladadas polos propios veciños da zona, e reclamou ao Gobierno de Miguel Anxo Fernández Lores que actúe para garantir o correcto mantemento e a seguridade deste espazo.
A concelleira popular desprazouse ata o parque para comprobar a situación denunciada polos residentes e constatou a existencia de valos vellos e oxidados, algunhas delas con buracos, un xardín descoidado e unhas instalacións infantís cunha escasa oferta de xogos infantís.
“Falamos dun parque situado en pleno centro de Pontevedra e, ademais, nunha zona na que existen moi poucas alternativas para os nenos. Non é comprensible que un espazo destas características presente esta imaxe”, sinalou a concelleira do Partido Popular.
Desde o PP consideran especialmente significativo o estado actual das instalacións tendo en conta que en 2024 o propio Concello anunciou un investimento de máis de 15.500 euros para a mellora do parque infantil de Ponte Boleira.
Naquel momento, o Goberno municipal incluíu este espazo entre os primeiros parques nos que se actuaría dentro dun programa de mellora das áreas infantís do municipio. As actuacións contemplaban a limpeza xeral do parque, a reparación do céspede artificial e do valado perimetral de madeira, así como diferentes reparacións nos xogos.
“Só dous anos despois daquela actuación, esta é a situación que presenta o parque. E isto é algo ao que, por desgraza, xa nos ten acostumados o Goberno do BNG: executan unha actuación, fan o anuncio e despois esquécense en grao sumo importante, que é o mantemento”, criticou Junco.
Desde o PP insisten en que o problema non é unicamente realizar investimentos puntuais, senón garantir que os espazos públicos permanezan en boas condicións unha vez executadas as actuacións.
“De pouco serve investir diñeiro público nun parque se despois se deixa deteriorar. O mantemento tamén forma parte dunha boa xestión e é precisamente o que está a fallar en demasiados espazos da cidade”, engadiu.
Os populares reclaman ao Concello que revise o estado dos valos e repare de xeito inmediato aqueles puntos deteriorados, alén de acondicionar o xardín e garantir un mantemento periódico de todo o recinto.
O PP considera tamén necesario estudar a mellora e ampliación da oferta de xogos infantís, tendo en conta que actualmente existen poucas opcións no propio parque e que Ponte Boleira é unha zona céntrica con escasas alternativas próximas para as familias.
“Non estamos a pedir grandes anuncios nin novos proxectos. Estamos a pedir algo tan básico como conservar correctamente un parque infantil, reparar o que está deteriorado e ofrecer aos nenos da zona un espazo adecuado para xogar”, sinalou Silvia Junco.
Desde as filas populares lembran, ademais, que Ponte Boleira conta con outro exemplo das consecuencias da falta de mantemento municipal que xa obrigou recentemente ao Concello para intervir noutro punto de Ponte Boleira. O BNG prometeu no seu programa electoral de 2023 transformar o antigo muíño da zona nun centro de interpretación da auga, pero tres anos despois o proxecto segue sen materializarse e o Concello tivo que destinar 50.000 euros a unha actuación de emerxencia ante o estado que presenta o inmoble.
Para o PP, ambos os casos volven evidenciar a necesidade de que o Goberno municipal “deixe de gobernar a golpe de anuncio” e preste máis atención á conservación dos espazos e equipamentos municipais.
“Os nenos e as familias de Ponte Boleira merecen un parque seguro, coidado e digno. O Concello non pode acordarse destes espazos unicamente cando os veciños denuncian a súa deterioración. Ten que garantir o seu mantemento durante todo o ano”, concluíu a concelleira popular.

