O PP esixe cumprir o acordo plenario de 2022 para mellorar o barrio de Fontesanta

adminON
Lectura mínima de 3

• Junco e Acuña reúnense cos veciños para defender as “xustas reivindicacións” dun barrio “vilipendiado polo Goberno local”

• O PP urxe ao Concello de Pontevedra a limpeza das rúas, a posta a piques das canchas de tenis, o incremento da recollida do lixo e control de verteduras, un plan de desratización e limpeza de sumidoiros ou a solicitude a ADIF para o mantemento da zona de servidume da vía

O Partido Popular de Pontevedra defenderá as “xustas reivindicacións” dos veciños de Fontesanta tras un novo “vilipendio” do Goberno local aos acordos plenarios, que se adoptan por maioría ou unanimidade.

O PP local logrou no 2022, co voto favorable do bipartito BNG e PSOE, a aprobación unánime dunha moción na que solicitaba “adoptar medidas urxentes de mantemento e mellora do barrio de Fontesanta” para erradicar os problemas que, dous anos despois, seguen denunciando os residentes.

A semana pasada, os populares Silvia Junco e Iago Acuña asistiron a unha das últimas reunións veciñais para “mostrar o noso apoio aos afectados” polo incumprimento plenario e lembrarlles os compromisos que se alcanzaron por parte de toda a corporación municipal, en base á proposta de acordo do PP.

No pleno de xullo de 2022, o bipartito comprometeuse ao pintado das rúas; dotación e mellora da sinalización horizontal e vertical; mellora da accesibilidade peonil; poda de árbores, mantemento e reposición de zonas verdes; incremento da recollida do lixo e control de verteduras; incoar expedientes de limpeza das parcelas privadas; reparación, mellora e posta ao dispor da cidadanía das canchas de tenis; solicitude a ADIF para o mantemento da zona de servidume da vía (solicitude de cesión do terreo e dotación dun parque público; e un plan de desratización e de limpeza de sumidoiros.

“Dous anos despois, as necesidades seguen sendo as mesmas porque o Goberno local afai incumprir a súa palabra e deixar patente a súa falta de respecto aos pontevedreses, aos que nos debemos e representamos a través dos plenos municipais”, afirmou Junco.

A “desidia” do alcalde e os seus concelleiros contrasta coas “ganas de mellorar a nosa cidade do Partido Popular como gañador das eleccións municipais” e, o que considera máis importante, porque “están a ignorar, conscientemente, aos veciños que mostran o seu descontento co Concello”.

O PP de Rafa Domínguez mantén o seu pulso #ante un Goberno municipal que acumula demandas históricas, continuadas no tempo e apoiadas pola totalidade dos veciños que, como sucede en Fontesanta, organízanse entre eles para manter o barrio nas mellores condicións posibles.

Comparte este artigo