O PP reclama solucións inmediatas na mellora da seguridade vial da N-552 ao seu paso por Chapela despois de non contar con ningún avance en 5 anos

Redacción
  • Os deputados nacionais, Irene Garrido e Juan Bayón, acompañados do voceiro do PP en Redondela, Javier Bas instaron ao Goberno a que dea explicación sobre a parálise do proxecto de adecuación e mellora da N-552.
  • Transcorridos máis de cinco anos sen que consten publicamente avances sobre esta actuación comprometida, os deputados solicitan ao Goberrno central que se lle dea información sobre a situación administrativa e técnica na que se atopa na actualidade o proxecto de adecuación e mellora da seguridade viaria nesta estrada.
  • Como consecuencia das obras de ampliación da AP-9, o Ministerio de Fomento adquiriu unha serie de compromisos destinados a paliar parte dos efectos negativos derivados da ampliación ao seu paso por Chapela. Entre eses compromisos atopábase a mellora da seguridade viaria e de adecuación da N-552 entre o Alto da Encarnación e o límite co termo municipal de Vigo.

Os deputados nacionais do PP de Pontevedra, Irene Garrido e Juan Bayón, acompañados do voceiro do Partido Popular, Javier Bas e concelleiros do PP en Redondela, reclaman solucións inmediatas na mellora da seguridade vial da N-552, ao seu paso por Chapela, despois de non contar con ningún avance en 5 anos.

A deputada Irene Garrido agradeceu a labor da Asociación de Afectados da AP-9, “o que estades a buscar é mellorar a vida dos veciños de Chapela. Non hai dereito a que pasasen xa 5 anos e non haxa ningunha actualización do que se pediu nese momento e que non saibamos nada ao respecto. É que non ten ningún sentido. Por iso, pedimos ao Goberno que se nos de contestación ás iniciativas que rexistramos no Congreso. Que nos digan que data ten ese compromiso que adquiriron e que vai mellorar a seguridade viaria desta estrada; que orzamento ten, e sobre todo, se verdadeiramente se vai a levar a cabo. Estamos cansos de ver o mal que funcionan os servizos públicos desde que Sánchez está no Goberrno”, precisou.

Juan Bayón explicou que, con respecto ás estradas, o Goberno central ten un problema de xestión terrible. “España devolveu máis de 60.000 millóns de euros de fondos Next Generation para mobilidades sostibles, que inclúe humanización de estradas, sen executar. O Goberno de Sánchez por deixar pasar o tempo, por estar pendentes doutros asuntos, as oportunidades que tiñamos de mellorar estas estradas nacionais perdéronse”, indicou.

Pola súa banda, Javier Bas denunciou o servilismo da alcaldesa de Redondela. “Non teñen nin comunicación con Ministerio, hai un escurantismo grande e incluso desde o Concello xustifican ao Ministerio, que o ningunea completamente. As mismas persoas que apoiaban as manifestacións, agora xustifican ao Ministerio. Non ten sentido que se abandonen así os proxectos tan necesarios para os veciños de Chapela”, lamentou.

Como consecuencia das obras de ampliación da AP-9, o Ministerio de Fomento adquiriu co Concello de Redondela e con distintos colectivos veciñais unha serie de compromisos destinados a paliar parte dos efectos negativos derivados da devandita ampliación ao seu paso por Chapela.

Entre eses compromisos atopábase a redacción e execución dun proxecto de mellora da seguridade viaria e de adecuación da N-552 entre o Alto da Encarnación e o límite co termo municipal de Vigo, que derivou nunha correspondente Orde de Estudo no Ministerio que completamente olvidada e aboanda

Comparte este artigo