O proxecto “Eu saudableMente” pecha cunha charla para as familias sobre a saúde mental da adolescencia

Redacción
Lectura mínima de 1
  • A charla estará dirixida pola psicóloga Andrea Iglesias e será aberta a todas as familias da Guarda

O proxecto “Eu saudableMente” remata a próxima semana cunha charla aberta todas as familias guardesas na Casa dos Alonso o próximo xoves 23 de abril ás 19:00h.

O obxectivo principal da charla é acompañara aos adolescentes e comunicarnos mellor. Deste xeito, búscase comprender os cambios emocionais e sociais da adolescencia, identificando as súas principais preocupacións en saúde mental.

Está charla é interesante para as familias que queiran reflexionar sobre o seu propio estilo educativo e para integrar ferramentas de comunicación no día a día.

Na sesión reflexionarase sobre como detectar sinais de alerta e saber como actuar e ofrecer estratexias prácticas para favorecer o clima familiar e que así os adolescentes pidan axudan cando o necesiten. A charla estará a cargo da psicóloga Andrea Iglesias, quen impartiu as tres sesións ao alumnado de 1º e 2º da ESO e unha sesión ao de 3º e 4º da ESO do IES A Sangriña.

Comparte este artigo