O proxecto RURALMENTE de Galicia Suroeste aterra en Soutomaior

Redacción
  • As accións formativas de Ruralmente chegará o vindeiro día 20 ao Mutiúsos de Arcade, en Soutomaior
  • A temática estará vencellada co produto local, as marcas de calidade, as experiencias turísticas centradas en produtos agroalimentarios e o marketing dixital.

Xa están abertas as inscricións para participar nas xornadas formativas do Proxecto Ruralmente, liderado por Galicia Suroeste en colaboración co GDR Límia – Arnoia e a Asociación para el Desarrollo Integral del Valle del Ambroz en Extremadura.

O proxecto, que ten por finalidade poñer en valor produtos agroalimentarios únicos e de gran calidade dos territorios socios, chega ao seu fin coa realización de tres actividades formativas no territorio de Galicia Suroeste.

Este propio mes de maio, serán realizadas as charlas formativas, que serán impartidas nos concellos de Pazos de Borbén, Soutomaior e Tui. A participación será gratuíta e poderán participar todas aquelas persoas que realicen a inscrición previa na web galiciasuroeste.gal  ata completar as prazas existentes.

A cita de Soutomaior será o mércores 20 de maio no Centro Multiúsos de Arcade. A temática desta xornada centrarase na creación de experiencias turísticas vencelladas a produtos agroalimentarios de calidade. Contará coa participación de 3 empresas de referencia en Galicia, tanto pola calidade dos seus produtos agrarios, como polas experiencias turísticas xeradas sobre as súas producións. Contará cunha sesión práctica, que levará ás persoas asistentes a desfrutar dunha experiencia enoturística no propio concello de Soutomaior. Estarán en Arcade representantes das mellores empresas galegas do sector: a granxa Casa Grande de Xanceda, a queixería Airas Moniz e os restaurantes ecolóxicos Fogar do Santiso. E falaremos do club de produto que estamos poñendo en marcha no Xeodestino para seguir traballando neste sentido. Todo, nunha sesión que será inaugurada polo alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, e na que tamén participará a concelleira de Turismo, Silvia Cernadas. Pola tarde realizarase unha visita e expericiencia enoturística as Adegas Noelia Bebelia con Simón Barcia.

As persoas interesadas en inscribirse poden facelo ata o 19 de maio en https://galiciasuroeste.gal/proxectos/ruralmente

O proxecto Ruralmente é financiado a través de fondos da PEPAC 2023-2027 – FEADER.

Comparte este artigo