Rapaces e rapazas de Primaria e Secundaria dun total de quince centros de ensino participaron esta mañá na 5ª edición do certame Xadrez na Rúa. Foron en total 300 nenos de nenas os que participaron nunha xornada na que os taboleiros de xadrez foron os protagonistas. A cita medra ano tras ano, e nesta edición participaron por primeira vez centros doutros municipios. Estiveron representados os CEIP Porto Cabeiro, Reboreda, Outeiro das Penas, Quintela, Alexandre Bóveda, CEP Santa Mariña, Colexio Vigo, os IES Chapela, Mendiño, Illa de San Simón, Pedro Floriani e tamén o IES Soutomaior, A Guía de Vigo e Indalecio Pérez Tizón de Tui.
Os gañadores na categoría de Primaria foron Unai Crespo, en primeira posición, Elena Cabañas en segunda, e de terceiro Romeo Correa. Na categoría de Secundaria resultou gañador Anxo Rodríguez, mentres que David Sanz foi segundo e Alfonso Suárez, terceiro. A alcaldesa, que participou na entrega de trofeos, salientou a importancia de que os cetros de ensino promovan a práctica do xadrez “xa que axuda aos nenos e nenas a mellorar a súa capacidade de concentración, memorización e axilidade mental”.
O certame está organizado polo mestre do IES Floriani Miguel Ángel Vidal en colaboración co Concello de Redondela.