Obradoiro de percusión africana en Nigrán

adminON
Lectura mínima de 1

Evento: Obradoiro de percusión africana 

Lugar: Escola de Música Municipal de Nigrán 

Data: 28 de decembro 

Horario: de 11:00 a 14:00h 

Organiza: Latexo Percusión 

Colabora: EMMN e Concello de Nigrán 

Prezo:20€ (15€ alumnado da escola)

O vindeiro 28 de decembro realizarase en Nigrán un obradoiro de percusión africana impartido por  Andrés Rivero e organizado pola Escola de Música Municipal, en colaboración co Concello.  Trátase da terceira edición deste curso, tras o éxito das edicións anteriores, nas que cubriu todas as  prazas ofertadas. 

O curso, de tres horas de duración, será unha introdución á técnica, linguaxe e ritmos do djembé,  instrumento de percusión da costa oeste africana. A organización facilitará os materiais necesarios  para a realización do curso, polo que non é preciso ter instrumentos nin experiencia para desfrutar  do mesmo. 

O obradoiro terá lugar na Escola de Música Municipal de Nigrán, situada na antiga biblioteca  municipal do Ceán, en horario de 11:00 a 14:00h. Ten un custe de 20€, con desconto para o  alumnado da Escola e é preciso realizar inscrición previa para reservar a praza no 615 914 161 ou  no correo latexopercusion@gmail.com. 

Comparte este artigo