Home Pontevedra Baixo Miño Obradoiros de tempada para achegar o Mercado de Tomiño á veciñanza

Obradoiros de tempada para achegar o Mercado de Tomiño á veciñanza

- Anuncio -

A Asociación de Praceiros e Praceiras pon en marcha unha programación trimestral coa que dinamizar a praza de abastos e poñer en valor os produtos locais

Tomiño prepárase para vivir a primavera tamén no seu mercado. A Asociación de Praceiras e Praceiros do Mercado de Tomiño en colaboración co Concello veñen de poñer en marcha unha programación trimestral co obxectivo de achegar a praza de abastos e os seus postos ao público dun xeito diferente e dinámico. Cunha clara posta en valor dos produtos locais e de calidade, de abril a xuño ofrecerán un obradoiro mensual na que todas as persoas asistentes desfrutarán aprendendo.
A primeira actividade será o vindeiro sábado 27 de abril cun taller de velas, galletas e filloas con mel impartido polo colectivo Mulleres Abelleiras Galegas, promovido por Máisquemel, que pretende visibilizar a presenza das mulleres na apicultura con toda a súa potenciallidade e diversas posibilidades. Pensado para familias e público xeral, o taller será de balde e celebrarase de 11.00 a 13.00 horas. Ademais, para os máis pequenos e pequenas da casa haberá libros dos Bolechas para colorear. As persoas interesadas en coñecer máis sobre o proxecto deste colectivo poden solicitar información a través do correo electrónico info@maisquemel.gal.
O mércores 15 de maio o público porase mans á masa co obradoiro de conservas impartido por Amparo Grandío, de Petiscos, no que o público aprenderá a facer conserva vexetal artesanal cos produtos de tempada de forma amena e divertida. Este taller terá catro horas de duración, de 10.30 a 13.30 h, cun pequeno descanso de 15 minutos polo medio e terá un custe de 10€.
Tania Alves, de O fogón do Mercado, pechará a programación de primavera cun obradoiro de reaproveitamento alimentario, onde as persoas participantes poderán aprender consellos prácticos para reconvertir as sobras que quedan da casa en pratos deliciosos, reducindo o desperdicio dos alimentos e sacándolle o máximo partido ás materias primas dispoñibles. Será o mércores 19 de xuño de 11.00 a 13.00 horas e terá un prezo de 10€.
Asociación de Praceiros e Praceiras do Mercado e Concello animan a toda a veciñanza a participar nestas iniciativas coas que desfrutar e descubrir os tesouros que se agochan no mercado municipal. As persoas interesadas en participar xa poden inscribirse a través dun formulario habilitado na páxina web do Mercado municipal. Os obradoiros terán un límite de 25 prazas cada un.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas