• Os Reis Magos contaron neste ano coa colaboración de Papá Noel e do Apalpador para que os calendarios do concello chegasen a todas as casas do municipio.
En cada casa do Concello de Soutomaior está a chegar nestes días un calendario e unha lámina adicados á figura de Luís Seoane.
O calendario conta con diversas láminas que son propiedade da Fundación Luís Seoane e así como un tapiz de Luís Seoane e Elena Montero que é propiedade do Concello de Soutomaior. Entre as láminas do calendario destacan Coidado das Vacas do ano 1954 ou El e ela de 1973. Co calendario as Súas Maxestades están entregando tamén a lámina Mariñeiro do 1953.
O alcalde de Soutomaior quere agradecer ademais da Fundación Luís Seoane, pola cesión das imaxes dos cadros, o traballo das Súas Maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar, de Papá Noel e dos seus axudantes e do Apalpador, que como home forte do Courel sinalou que “el so podía cos barrios enteiros do concello”.
Pola súa banda, Papá Noel sinalou que o seu reparto demorouse un chisco porque non puido resistirse á tentación de facer unha parada nas adegas do concello e degustar e desfrutar dos caldos locais de Cosecheiros Reunidos, Quinta das Eiras, Noelia Bebelia e María Vinyals.
Os Magos de Oriente dixeron que como aínda tiñan tempo ata a madrugada do día 5 de xaneiro preferiron non apurar o reparto e adicar uns días a desfrutar do comercio local, das ostras de Arcade e da excelente gastronomía do municipio.
Para finalizar, o alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, quixo destacar o inxente traballo das figuras do Nadal e sinalou “o especial agasallo de Nadal deste ano, o calendario e a lámina son unha fermosura que demostran a xenialidade do artista que da nome a nosa Biblioteca Municipal Luís Seoane”. Lourenzo ten claro que se trata dun calendario que terá valor máis alá deste 2024 do que, segundo confirmou nesta xornada o alcalde de Soutomaior, “estamos a recibir petición de todos os puntos do país”: O alcalde quixo agradecer o traballo da Fundación e das persoas que fixeron posible este calendario.

