Os Xigantes e Cabezucos do concello de Nigrán participan nun encontro galego en Neda

Redacción

O Concello de Nigrán estivo representado este fin de semana en Neda (A Coruña), no primeiro encontro de xigantes e cabezudos de Galicia organizado pola asociación ‘A Piruchela’ e que reuníu a 40 bonecos de municipios como Pontedeume, Lalín, Caranza ou Fene.

Históricamente, a festas de As Angustias de Nigrán inclúen un desfile de ‘Xigantes e Cabezudos’, tradición que estivo parada durante uns 4 anos e que en 2023 retomou a ‘Asociación Cultural As Angustias’ da man de Nuria Zúñiga e o seu pai, Aníbal, restaurando as catro cabezas das que dispuñan (un pallaso, unha anciana, un popelle e un diaño) e o touro e o anano propiedade do Concello e que tamén repararon altruístamente. A súa paixón levounos a organizar un obradoiro para aumentar a familia, de aí xurdiron novos cabezudos, un deles con cabeza de rato e todos eles presentes en Neda este sábado.

Comparte este artigo