Free Porn
xbporn
Home O Morrazo Bueu Persoas usuarias da Asociación Juan XXIII visitaron o concello para coñecer o...

Persoas usuarias da Asociación Juan XXIII visitaron o concello para coñecer o seu funcionamento

- Anuncio -
  • A actividade forma parte dun programa que levan a cabo dende a propia asociación e que pretende fomentar a autonomía das persoas

Un grupo de oito persoas integrantes da Asociación Juan XXIII de Cangas e máis unha monitora achegáronse hoxe ao Concello de Bueu para coñecer o seu funcionamento e ver de preto o traballo que se realiza nos diversos departamentos administrativos.

No consistorio acolléronos Félix Juncal, alcalde de Bueu, ademais de Carmen García, concelleira de cultura, e Celso Dopazo, edil de mantemento de viais, que recibiron moitas e varias preguntas por parte das persoas visitantes. Esta actividade forma parte dun programa que levan a cabo dende a propia asociación e que pretende fomentar a autonomía das persoas, así como axudarlles a desenvolverse socialmente e exercer os seus dereitos.

O alcalde mostrou a súa satisfacción por esta visita, pois “para nós sempre é un pracer e unha gran riqueza ver o gran traballo que levan a cabo dende a asociación nas diversas áreas de traballo a prol da integración social”.  

Dende o Concello fíxoselles entrega duns libros sobre a historia de Bueu, e algúns a algunhas das asistentes tamén tiveron a oportunidade de facerlle as súas propias peticións ao alcalde a respecto de arranxo de calzadas, rozas e outros asuntos.

Relacionadas

O Concello instala unha marquesiña en Dr. Otero Ulloa para as persoas usuarias do...

0
A orientación da marquesiña responde a cuestións de seguridade e accesibilidade, ademais de evitar molladuras e incomodidades nos días de mal tempo O concelleiro de...

O Museo do Mar organiza unha nova edición da súa homenaxe ás mulleres e...

0
A concelleira de Cultura, Marián Sanmartín, presentou xunto coa directiva da asociación este evento, que será este domingo e contará cun recoñecemento pola mañá...

O Concello informa dun corte puntual da auga en Jaime Janer o luns 23...

0
Será entre as 09.00 e as 13.00 horas e ten que ver coas obras de saneamento, que supoñen a renovación do colector do río...

10 anos, récord de participación e dúas olímpicas: a Masterclass de Agarimo que encherá...

0
A alcaldesa, María Ramallo, acompañada dos concelleiros Antonio Traba e Antonio Caíña, recibiron esta mañá no Concello aos directivos do club marinense e ás...

Un total de 650 persoas participarán na Terceira Anadaina concello de Campo Lameiro que...

0
Levarase a cabo sobre un percorrido longo de 24 quilómetros, outro 14 Kms. e un pequeno de 8 Kms. Un total de 650 persoas formalizaron...

A Eurocidade Cerveira Tomiño súmase por primeira vez á Semana Europea do Deporte

0
Baixo o lema #BeActive promoverá a actividade física con accións dirixidas a todos os públicos do 23 ao 29 de setembro A Eurocidade Cerveira-Tomiño prepárase...

Publicacións Relacionadas