A iniciativa enmárcase na campaña “Verán Lecer e Consumo” promovida polo Insituto Galego do Consumo e da Competencia e coa colaboración do concello de Ponteareas.
Ponteareas acolle mañá varias accións divulgativas enmarcadas na campaña “Verán de Lecer e Consumo”, promovida pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, a través del Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) e coa colaboración do Concello de Ponteareas. O obxectivo principal é fomentar os hábitos de consumo responsable mediante propostas educativas e de ocio. Trátase dun programa gratuito que abrangue distintas propostas adaptadas ás diferentes edades e centradas en cuestións como os dereitos das persoas consumidoras e usuarias, a publicidade ou o consumo na rede.
O concelleiro de Comercio e Ensino, Ricardo González, amosou o sea agradecemento á Xunta de Galicia e ao Instituto Galego do Consumo “traer á nosa vila unha campaña tan necesaria como ‘Verán de Lecer e Consumo’. Para nós “é unha prioridade apoiar iniciativas que unan a educación, o lecer e a concienciación social”, engade González
Pola súa banda, a alcaldesa, Nava Castro, declarou que “o noso obxectivo como goberno local é construír unha cidadanía máis crítica, informada e responsable. Aprender a consumir con sentidiño, coñecer os nosos dereitos e saber como nos afecta a publicidade son ferramentas fundamentais para o día a día”. Castro aproveoitou para convidar “a todas as familias, mozos e veciños de Ponteareas a achegarse mañá venres e participar activamente nestas accións totalmente gratuítas.”
Programa
Tras amosar o seu apoio a esta iniciativa formativa, promovida desde a Xunta, a Praza Maior e a Residencia de Artistas Artistea, serán mañá os escarios que acollerán un total de catro accións divulgativas. As primeiras terán lugar ás 10.00 horas na Praza Maior, baixo o título de “Xogueteando: un lecer diferente”, dirixida a nenas e nenos de 3 a 6 anos; e a “Xincana do consumo responsable”, neste caso para mozas e mozos de 7 a 12 anos.
A partir de las 11.00 horas terá lugar a segunda sesión da xornada cun dobre esceario, por unha banda a acción titulada “Publicitas por un día!”, q terá lugar na Praza Maior e dirixida a mozas e mozos de 13 e 14 anos; mentres que Aritstea acollerá á mesma hora a xornada divulgativa sobre “Consumo na rede”, tendo como portagonistas aos xoves de 15 a 17 anos. Complétase a xornada cunha charla participativa e dirixida aos adultos, que terá lugar ás 12.00 horas en Artistea.

