Ponteareas consegue 290.000€ para o Servizo de Atención Temperá

adminON
Lectura mínima de 3

• Un/unha psicóloga, dúas logopedas e unha pedagoga desenvolverán unha atención máis específica

• O Concello ofrece o servizo de Atención Temperá de luns a venres en horario de mañá e tarde

O Concello de Ponteareas informa que a Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia vén de concederlle 290.000€ para o servizo de Atención Temperá que ofrece apoio especializado ás nenas e nenos que teñen un trastorno no desenvolvemento ou unha discapacidade recoñecida, tendo en consideración á familia e a súa contorna de interacción.

O Concello no só consegue por segundo ano consecutivo respaldo para este servizo imprescindible tamén un incremento de 146.000€ respecto á axuda conseguida o pasado ano. Ademais, reafirma o seu nivel de compromiso coa incorporación dunha/ dun especialista máis pasando de 3 profesionais (1 psicóloga 1 pedagoga e 1 pedagoga de audición e linguaxe) a catro profesionais: 1 psicóloga, 1 pedagoga e 2 logopedas. Para poder dar cobertura a todos los usuarios y acabar con la lista de espera se firmó un convenio social con COGAMI.

A alcaldesa, Nava Castro, e a concelleira de Saúde, Raquel Plana, adiantan que seguirán loitando por este servizo que se atoparon desmantelado coa súa chegada ao goberno, “foi unha das primeiras medidas que tomamos, recuperar este servizo indispensable que mellora a vida de moitas familias e que agora se presta no edificio do Centro Social mentres non se traslada a Canedo”.

A través de pediatría as familias que o precisan acceden a este servizo de atención temperá no que se procura manter unha relación estreita coa familia para que coñeza e comprenda a realidade da súa filla ou fillo con trastornos de desenvolvemento, as súas capacidades e as súas limitacións, de maneira que poida actuar como axente potenciador do desenvolvemento, adecuando o entorno as súas necesidades e facilitando a súa inclusión no contexto no que vive. Pretendese ademais que esta organización que presta servizos de autonomía persoal e emprego ás persoas con discapacidade poida servir tamén de apoio unha vez cumpridos os seis anos.

Na actualidade, o Concello de Ponteareas atende a 64 nenas e nenos aínda que se estima que poderían un 10% das nenas e nenos poderían poden presentar algunha discapacidade. O servizo de Atención Temperá préstase de luns a venres e en horario de mañá e tarde para dar maiores facilidades ás familias.

Comparte este artigo