Ponteareas saca a licitación un posto para Panadería no novo Mercado Municipal “Mercatea”

Redacción

O concello organizará o luns, día 17, unha visita as instalacións para que as persoas interesadas poidan coñecer o local dispoñible

Trala súa publicación Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra,  ábrese a licitación para a adxudicación dun posto destinado a Panadería no novo Mercado Municipal “Mercatea”.Para iso convócase, o luns 17 ás 10.00 horas, a unha visita guiada aos futuros emprendedores, co fin de que poidan coñecer o local e resolver dúbidas antes de presentar a súa proposta. Este proceso permitirá completar a oferta comercial do novo mercado.

Trala posta en funcionamento de “Mercatea”, a gran afluencia de usuarios ven demostrando que a aposta do Concello por un espazo comercial moderno e dinámico, está dando os seus resultados, converténdose nun verdadeiro punto de encontro para o comercio local, a gastronomía e os produtos de proximidade.

Con esas altas expectativas, a licitación supón unha gran oportunidade comercial e de emprendemento, nun local que conta cunha superficie de 16,30 metros cuadrados, para a venda de productos de panadería, incluindo a posibilidade de venda de repostería e, co servizo eléctrico incluido. Tamén, sen ningún canon concesional e coa seguridade e estabilidade dunha concesión cunha duración inicial de 15 anos, estando previstas prórrogas sucesivas ata alcanzar un máximo de 50 anos, permitindo consolidar proxectos empresariais a longo prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata a vindeiro 20 de agosto, e as propostas deberán achegarse a través da Sede Electrónica Municipal. Dende o Concello anímase a todos os profesionais e emprendedores interesados a aproveitar esta oportunidade, para formar parte dun proxecto que pretende converterse nun referente comercial e gastronómico non só para Ponteareas, senón tamén para toda a comarca.

Comparte este artigo