O vindeiro venres 22 de maio ás 20:00h. a Casa da Navegación de Baiona acollerá a presentación do libro de poesía titulado “Existir en silencio: Poemas para non desaparecer”, da autora baionesa Andrea López Fernández.
A través dunha lírica minimalista e profundamente contemplativa, a autora explora o silencio non como unha ausencia, senón como un lugar propio. Nos seus versos, o silencio transfórmase: ás veces é un refuxio protector, outras unha carga de tensión compartida, pero sempre é o espazo necesario para ser e sentir sen interferencias.

