test
Home Pontevedra A Paradanta Presentación do programa de igualdade “Clara” no Concello de Covel

Presentación do programa de igualdade “Clara” no Concello de Covel

- Anuncio -

Este novo servizo público funcionará dous días á semana e ofrecerá asesoramento xurídico e psicolóxico, actividades, formación en autocoidados, sensibilización e entrevistas para deseñar itinerarios profesionais adaptados

O Concello de Covelo convida a participar na presentación do programa de igualdade “Clara” que estará destinado a favorecer a inserción social e laboral de mulleres vítimas de violencia de xénero e mulleres en situación de especial vulnerabilidade, empadroadas nos Concellos da Cañiza e de Covelo. A empresa que desenvolverá este servizo presentará as accións que realizarán e conversará coa ANPA do CEIP Antonio Rodríguez Blanco, co persoal do Centro de Saúde Local e coas persoas asistentes. Será o luns día 27 ás 17:30 horas no auditorio municipal.

A concelleira de igualdade, María Valiñas, salienta a importancia desta iniciativa deseñada para apoiar ás mulleres do rural facilitándolles información e formación e un acompañamento que lles transmita seguridade e proporcione autonomía.

No Concello de Covelo este novo servizo público funcionará dous días á semana e ofrecerá asesoramento xurídico e psicolóxico, actividades, formación en autocoidados, sensibilización e entrevistas para deseñar itinerarios profesionais adaptados, entre outras accións.

Este programa conta co apoio da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta que concedeu aos dous Concellos unha axuda de 16.420,80 € ao abeiro das subvencións para a promoción da igualdade, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

A Cañiza e Covelo asinaron o pasado mes de marzo o convenio e a proposta de colaboración nos respectivos plenos extraordinarios. O programa leva o nome de Clara Campoamor (1888-1972), abogada, escritora, política e defensora dos dereitos da muller española.

Relacionadas

A Deputación abre este luns o prazo de inscrición para participar nas rutas do...

0
Serán en total oito percorridos e terán lugar todos os sábados e domingos do mes. Comezarán o 6 de xullo coa ruta do Xabriña...

A Deputación abre o próximo martes a inscrición aos obradoiros de verán do Museo...

0
Son cinco propostas diferentes para nenas e nenos de 6 a 12 anos, con quendas semanais ao longo dos meses de xullo e agosto O...

A Deputación reforzará a seguridade no edificio que alberga o Servizo de Patrimonio Documental...

0
A institución provincial vai encargar a redacción dun proxecto para definir as actuacións necesarias para incrementar a seguridade no edificio, entre as que se...

AGADER convoca unha reunión informativa sobre o Polígono Agroforestal de Cabreira

0
A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural convoca para o vindeiro xoves 27 de xuño ás 11:00 horas unha reunión con todas as persoas propietaias...

A Deputación tínguese de turquesa ata o vindeiro luns con motivo do Día Nacional...

0
A institución provincial únese a Xoga para recordar o papel das Linguas de Signos na transmisión de ideas, a relación persoal e social e...

Luis López sinala a sinatura do convenio para a grada de Gol de Balaídos...

0
O presidente provincial, acompañado pola vicepresidenta Luisa Sánchez, asina o convenio de colaboración co Concello de Vigo para investir máis de 13 millóns de...

Publicacións Relacionadas