Primeiro golpe do PP A Festa dos Maios

adminON
Lectura mínima de 2

Primeiros tixeretazos do PP que atentan contra a festa máis  popular de Poio, e que lle supuxeron a cada Maio 100 euros  menos con respecto ao pasado ano. 

O BNG de Poio denuncia que o Goberno do PP de Poio recortou 100 euros a cada Maio participante  no concurso dos Maios, unha baixada considerábel da que non se informou aos colectivos  participantes, e que só se pode entender por criterios políticos. 

Compre lembrar que nas bases do 2023, co acordo de todos os colectivos, decidiuse incrementar os  premios das diferentes categorías así como a participación para axudar cos gastos aos colectivos (e  200 euros subiuse a 300) e poder así favorecer unha maior participación, dado que son moitos os  gastos que teñen que asumir os organizadores. 

Este ano, a delegada de Cultura informou na Comisión que o orzamento se mantiña igual que no 2023  sen cambios, ocultando a rebaixa de 100 euros a cada Maio. 

“Estes son os primeiros tixeretazos do PP que atentan contra os tradicionais maios do noso concello.  Unha vez máis o PP mostra, coa súa ctitude, un claro desprezo á cultura popular de Poio”. “Desde o  BNG instamos ao PP a que rectifique, deixe de minusvalorar a nosa cultura tradicional e trate aos  Maios coa dignidade que merece a festa máis tradicional do noso concello”, afirmou a Portavoz  nacionalista, Marga Caldas.

Comparte este artigo