Proxectar celébrase o venres e sábado en Nigrán con entradas dispoñibles só para a primeira xornada

Redacción


O festival de conversas sobre deseño industrial celebra a súa segunda edición na fábrica de Cervezas Banda en Porto do Molle coas derradeiras entradas á venda para o primeiro día, con Isaac Piñeiro e Isabella Trani, e ‘sold out’ para o segundo, protagonizado polo Pritzker de arquitectura David Chipperfield e a deseñadora galega Sara Regal


Proxectar chega á súa segunda edición co sábado completamente esgotado e apenas unhas poucas entradas dispoñibles para o venres. As xornadas, que se celebran este venres 5 e sábado 6 de xuño na fábrica de Cervezas Banda, no Parque Empresarial Porto do Molle, confirman o interese crecente polo deseño industrial en Galicia.
Tras o éxito da primeira edición, celebrada en xullo de 2025 con Jon Marshall, Tomás Alonso, Paula Ojea e o estudo Estar, Proxectar consolídase como un punto de encontro anual para o debate arredor do deseño industrial en Galicia.
Catro relatores de excepción
A edición 2026 conta cun cartel de primeiro nivel. O venres, Isaac Piñeiro, deseñador pontevedrés con estudio en Barcelona e obra en firmas como Sancal ou Omelette, abre as xornadas xunto a Isabella Trani, deseñadora industrial afincada en Londres e cofundadora do estudio OMI, especializado no futuro do transporte. O sábado, Sara Regal, deseñadora e artista nacida en Viveiro cunha traxectoria internacional que traballa no encontro entre o deseño industrial e a arte, comparte xornada con David Chipperfield, Premio Pritzker 2023 e un dos arquitectos máis recoñecidos a nivel internacional.
O formato de Proxectar invita a cada deseñador a centrarse nun proxecto concreto, afondando no seu proceso de deseño: desde o encargo inicial ata o produto final. Tras as presentacións, ábrese un coloquio de 45 minutos moderado por un convidado, co obxectivo de promover un debate real entre deseñadores e público. Como novidade desta edición, ao remate de cada xornada celebrarase un pintxo na taproom de Cervezas Banda, para que público e relatores poidan seguir a conversa nun ambiente máis distendido.
Información práctica
As xornadas celebraranse os días 5 e 6 de xuño de 2026 na fábrica de Cervezas Banda, Parque Empresarial Porto do Molle, Nigrán. O aforo é limitado a 70 persoas por sesión. As entradas para o venres, a €10, están dispoñibles en proxectar.gal.
Proxectar 2026 conta co patrocinio de Deleite, que por segundo ano consecutivo aposta pola promoción do deseño galego, e de Vertisol, que dende a súa fábrica en Moraña produce solucións téxtiles para o deseño e a arquitectura. Conta tamén co apoio do Concello de Nigrán, que repite na súa aposta por atraer talento ao Val Miñor.
O domingo 8 de xuño enviarase unha nota de prensa con un resumo das xornadas e imaxes do evento dispoñibles para a súa publicación.

Para máis información ou xestión de entrevistas:
Andrés Fraga / 􊹌􊹍􊹋􊹎􊹏􊹐 andres@proxectar.gal / 􊸒􊸓 +34 619 287 947 / 􈉒 proxectar.gal / 􊺑􊺘􊺓􊺚􊺔􊺛􊺕􊺙 @proxectar (Instagram)

Venres 5 de xuño

18:00 – Apertura de portas. Tempo para saudar e tomar unha caña para quen queira.

18:30 – Inicio do acto e presentación

18:45 – Isaac Piñeiro

19:30 – Isabella Trani

20:15 – Coloquio

21:00 – Pinchos e charla na taproom de Cervezas Banda.

Sábado 6 de xuño

18:00 – Apertura de portas. Tempo para saudar e tomar unha caña para quen queira.

18:30 – Inicio do acto e presentación

18:45 – Sara Regal

19:30 – David Chipperfield

20:15 – Coloquio

21:00 – Pinchos e charla na taproom de Cervezas Banda.

Comparte este artigo