Home Pontevedra Baixo Miño Quince persoas fórmanse en limpeza de superficies e mobiliario en edificios e...

Quince persoas fórmanse en limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais

- Anuncio -

Esta acción inclúe prácticas non laborais en empresa. Ao remate recibirán un certificado de profesionalidade nun sector que conta con gran demanda de man de obra cualificada

O Centro Municipal de Formación do Concello de Tui en Guillarei está acollendo un curso de Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais cun total de 248 horas lectivas. Esta acción formativa está financiada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

O curso, no que participan 15 persoas, consta dos módulos de “Tratamento de chans, paredes e teitos”, “Limpeza de mobiliario”, “Limpeza de cristais” e “Limpeza con maquinaria”. Amais o alumnado realiza 80 horas de prácticas non laborais nas empresas Ascan Servicios Urbanos, LHYP Grupo, Limpiezas Faro e Starnaliza. Ao remate desta actividade formativa recibirán o correspondente certificado de profesionalidade.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Formación do Emprego, Ana Núñez, visitaron ao alumnado nas instalacións do Centro Municipal en Guillarei, compartindo con eles os seus intereses e inquedanzas laborais.

Tanto o rexedor coma a concelleira salientaron a importancia desta formación especializada para a inserción do alumnado participante nun sector que conta con gran demanda de man de obra cualificada. Ao tempo quixeron amosar o seu agradecemento ás empresas que están a colaborar co Concello de Tui recibindo as persoas do curso en práctica.

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas