Rafa Domínguez: “Cando sexa alcalde, a planta de residuos na contorna da Fracha non se vai a construír”

Redacción

• O dirixente do PP denuncia que o alcalde leve máis dunha década pagando 20.000 euros ao ano polo alugueiro duns terreos para construír unha instalación que supoñería un “atentado ecolóxico sen igual” xunto a un dos principais espazos naturais de Pontevedra

• O candidato popular comprométese a centrar os recursos municipais “en mellorar a limpeza dunha cidade que segue sucia co novo contrato, apostando por unha xestión de residuos eficiente, sostible e economicamente responsable”

O candidato e portavoz municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, anunciou esta mañá en rolda de prensa que “cando sexa alcalde, o centro de tratamento de residuos sólidos urbanos que o Goberno local do BNG ten proxectado na Canicouva non se vai a construír”.

Domínguez reclamou que se deixe de presentar o proxecto como unha simple planta de compostaxe, ao tratarse dun centro de tratamento de residuos urbanos de maior envergadura, que requiriría novos accesos para camiones de gran tamaño, tendidos eléctricos e unha infraestrutura industrial cun importante impacto sobre a contorna.

O dirixente popular advertiu de que a localización elixida supoñería un “enorme impacto medioambiental” nas proximidades do parque forestal da Fracha, un dos principais espazos naturais de Pontevedra, con miles de árbores autóctonas, roteiros de sendeirismo e cicloturismo, miradoiros e unha importante biodiversidade. “Unha cousa é a xestión moderna dos residuos e outra cousa é acometer un atentado ecolóxico sen igual na contorna da Fracha. É absolutamente unha tolemia”, defendeu.

Neste sentido, alertou das consecuencias que tería a instalación e as súas infraestruturas asociadas: cheiros e emisións, tráfico pesado, talla de árbores para construír estradas e tendidos eléctricos e riscos derivados de posibles lixiviados e contaminación do chan ou de cursos da auga.

Doutra banda, tamén denunciou a xestión económica do proxecto. O Concello leva desde 2015 pagando 20.000 euros ao ano por uns terreos na Canicouva que continúan sen uso de ningún tipo. “Os pontevedreses estamos a pagar por uns terreos que non utilizamos, para os que a día de hoxe nin sequera temos proxecto. Isto é tirar o diñeiro dos pontevedreses”, criticou.

O portavoz do PP vinculou este proxecto á “incapacidade” do Gobierno de Lores para resolver a xestión dos residuos, lembrando que o contrato de lixo prorrogouse ata en oito ocasiones desde 2011. “O lóxico sería facer o contrato e, unha vez que tes o contrato, alugar os terreos. Aquí #comprometer diñeiro público durante anos sen que o proxecto exista aínda”, explicou.

“En 2026 non ten sentido construír unha nova planta cando existen alternativas que xa funcionan, como é o caso do tratamento actual en Sogama, e que son menos custosas para as arcas municipais. O que en 2015 podía ter certo sentido, en 2026 carece absolutamente. É moitísimo máis barato para os pontevedreses utilizar os centros de residuos que xa existen que construír unha nova planta”, afirmou.

Por todo iso, Domínguez garantiu que o PP cambiará esta decisión se en maio de 2027 chega á alcaldía. “Imos sentar coa empresa e imos buscar as fórmulas xurídicas para resolver este requisito do contrato e atopar unha alternativa para centrar os recursos municipais en mellorar a limpeza dunha cidade que segue sucia co novo contrato, apostando por unha xestión de residuos eficiente, sostible e economicamente responsable”.

Comparte este artigo