Será a primeira data en concerto en Galicia deste cantante ao que xa se apunta como o novo Quevedo
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, xunto con Cristina Pichel, Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia, Julia Loureiro, concelleira de Mocidade e Participación Cidadá, André Vázquez, productor do evento, e os DJs locais Samu Pexe e Fergwell presentaron a III edición do Festival Camiño da Rosa que se celebrará por terceiro ano consecutivo no Pazo de Mos. Será o vindeiro 30 de abril, víspera do festivo do 1 de maio.
A rexedora local mosense, Nidia Arévalo, explicou durante a presentación que o obxectivo desta iniciativa é “satisfacer a crecente demanda do público mozo de experiencias musicais de calidade”. “Os asistentes” continuou, “vivirán unha experiencia única baseada proposta de ocio responsable que xa é sinal de identidade mosense entre a mocidade pois trátase dun evento musical con continuidade ao longo dos anos, xa van 3, grazas ao apoio incondicional da Xunta de Galicia”.
Trátase dun festival totalmente gratuíto para o público asistente, un espazo seguro, con diversión baseada na diversidade e respecto polo medio ambiente.
“Logramos unha gran afluencia en edicións previas que esperamos manter e incluso superar”, apuntou Arévalo.
Raúl Clyde cabeza de cartel
O cartel do III Camiño da Rosa está encabezado por Raúl Clyde, un dos cantantes máis de moda do momento. Pretendido por todas as salas e festivais. Trátase dun caso similar aos de Quevedo ou Saiko.
Esta será a súa primeira data en Galicia, polo que Mos, de novo, marca a diferencia.
o O resto de artistas que completarán o cartel son:
§ A R N N Y M O N TA N A ( D j t o p n a c i o n a l )
§ G R O OV E A M I G O S ( D j t o p n a c i o n a l )
§ D U M O R E ( D j t o p g a l e g o )
§ S A M U P E X E ( D j l o c a l )
§ C A R LO S G O N Z Á L E Z ( D j l o c a l )
§ F E R GW E L L ( D j l o c a l )

