O Concello de Salvaterra de Miño organiza un curso de defensa persoanal para mulleres

adminON
Lectura mínima de 1

O curso levarase a cabo os sábados do mes de abril no Pavillón Municipal Cándido Carrera.

O Concello de Salvaterra de Miño organiza para o mes de abril un curso de defensa personal para mulleres. A finalidade é a apredizaxe de técnicas de proteción e defensa ademais de autocontrol, empoderamento, confianza en si mesma e como sair de situacións de perigo.
Esta acción súmase as organizadas pola Concellería de Igualdade e está enmarcada na subvención do Pacto de Estado contra a violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade.
O curso que se levará a cabo todos os sábados do mes de abril (6, 13, 20 e 27) en horario de 10:00 a 12:00 horas no Pavillón Municipal Cándido Carrera é gratuíto.

Comparte este artigo