Re-conectando con Pontevedra: Natureza e ioga na Xunqueira da Gándara

adminON
Lectura mínima de 1

Coñecer e gozar da contorna natural e fomentar a actividade física e a vida saudable é o dobre obxectivo  que guía a Re-conectando Pontevedra, un programa de ioga e natureza consciente que impulsa a  Concellería de Benestar Social, que xestiona Anabel Gulías, da man de Myriam Viéitez Yoya e Meditación e de  Érika Taracido, terapeuta transpersonal.  

En cada un dos roteiros programados traballarase na conexión coa natureza, co grupo e cun mesmo e  ademais realizarase unha práctica de ioga. A segunda cita é o vindeiro domingo, 2 de xuño e o escenario  elixido as Marismas da Xunqueira da Gándara.  

Quedan por diante outros tres roteiros máisde sendeirismo consciente e ioga son as seguintes:  • 8 de xuño (sábado)– Pontillón do Castro, Verducido.  

16 de xuño (domingo) – Parque forestal da Tomba, Campañó.  

23 de xuño (domingo)– Senda do río Almofrei, Bora.  

Os roteiros terán unha duración aproximada de 4 horas – de 10.00 a 14.00 horas- e todos eles son de  dificultade baixa e moderada. 

Comparte este artigo