Home Pontevedra Caldas Recoñecemento para o responsable da Aula Cemit de Cuntis do segundo premio...

Recoñecemento para o responsable da Aula Cemit de Cuntis do segundo premio na categoria ‘Espazo Marker’ dos I Premios Axentes TIC de Galicia

- Anuncio -

• A través destes galardóns recoñécese o labor realizado á hora de impulsar iniciativas que facilitan que a xente de todas as idades poida facer uso e familiarizarse coas novas tecnoloxías


• O alcalde, Manuel Campos, incide na importancia que ten este servizo no concello, no que leva 10 anos operativo, tempo no que contou con máis de 5.400 usuarios e usuarias, nas máis de 1.000 actividades desenvoltas

O axente TIC responsable da Aula CeMIT e administrador da Aula Mentor de Cuntis, Víctor Manuel Galdo, foi un dos gañadores da primeira edición dos Premios Axentes TIC da Rede CeMIT de Galicia. O responsable das dependencias cuntienses levouse o segundo galardón na categoría Máster, na que se recoñecía a importancia daquelas propostas máis orixinais e creativas. O labor de Víctor Manuel destacou entre as preto de 100 aulas CeMIT que están operativas actualmente en Galicia. Entre as propostas presentadas para incurrir a estes premios figuraban iniciativas nas que se empregaron algún complementos tecnolóxicos punteiros, como lentes de realidade virtual, drons, kits de robótica ou impresoras 3D.

O alcalde, Manuel Campos, trasladou os seus parabéns ao responsable da aula non só por este éxito tan importante, senón tamén polo traballo que vén desenvolvendo desde que as instalacións se puxeron en marcha no ano 2014. Ao longo desta década foron máis de 5.400 usuarios e usuarias as que fixeron uso das instalacións, ben fose a través das horas de uso aberto ou participando nas máis de 1.000 actividades que se impulsaron, entre cursos, charlas e outras acción formativas, así como exames. En total, a Aula CeMIT ofreceu xa unhas 6.000 horas de formación gratuíta.

Tanto o Concello como o axente TIC amosan o seu agradecemento por este recoñecemento, así como o interese por parte da veciñanza de Cuntis, desde as crianzas ata as persoas maiores, naies e pais que “participan de xeito habitual nas actividades que desenvolvemos na Aula CeMIT”, xa que “grazas a elas as iniciativas que se levan a cabo cobran un sentido, ademais de seren as responsables de motivarnos diariamente para continuar mellorando”.
Para consultar a oferta de cursos, solicitar o uso das dependencias ou tramitar calquera outra dúbida, a veciñanza pódese poñer en contacto co responsable deste servizo chamando ao 683147165 ou ben enviar un correo electrónico á dirección cemit.cuntis@xunta.gal. A Aula CeMIT está aberta os lunes e mércores, de 10.00 a 14.00 horas polas mañás e de 16.00 a 20.00 horas polas tardes, e os sábados de 10.00 a 14.00 horas. Con respecto á Aula Mentor, permanece operativa os martes e xoves, de 9.30 a 14.30 horas.

Relacionadas

200 ciclistas rodarán esta fin de semana na oitava edición da “Chanllenge Rías Baixas”

0
• A proba organizada polo club Master Louriña consta de tres etapas que pasarán por Mos, Ponteareas e O Porriño os días 4 e...

O Gran Premio Concello de Mos da Challenge As Rías Baixas será puntuable para...

0
Será o vindeiro sábado 4 de maio con saída e chegada ao Pazo de Mos A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de...

O Pleno de Mos aproba o cambio a uso docente da parcela do Rebullón...

0
Así inícianse os trámites necesarios para o proxecto, licitación e construción do novo centro O Pleno do Concello de Mos aprobou hoxe por maioría o...

O mellor surf déixase ver na Praia de Patos

0
O sábado 27 celebrouse próbaa Patos Surfing Kids da liga Nacional Surfing Kids na Praia de Patos (Nigrán). A proba foi organizada pola Federación...

Identificadas 39 especies na Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño este domingo

0
Con este exitoso percorrido comezaron as Rutas de Natureza que organiza o Concello Exitoso comezo esta fin de semana das Rutas de Natureza que promove...

Tui vive esta fin de semana festa do balonmán galego coa Final 4 cadete

0
O pavillón Gustavo Rodríguez acollerá o sábado as semifinais e o domingo as finais. O Balonmán Tui buscará na categoría masculina a praza para...

Publicacións Relacionadas