Home Pontevedra A Paradanta Rematada a execución do ramal de saneamento e bombeo en Maceira, Covelo

Rematada a execución do ramal de saneamento e bombeo en Maceira, Covelo

- Anuncio -

Alcalde, directora xeral de Administración Local e delegado territorial da Xunta en Pontevedra visitaron o pavillón onde se realizou un investimento de 26.500 euros na substitución das luminarias por lámpadas de tecnoloxía LED máis eficientes

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, e polo alcalde, Pablo Castillo, visitou hoxe Covelo para coñecer diversas melloras executadas en 2023 ao abeiro das liñas de axudas ao eido local. Neste marco de acción, o Goberno galego destinou máis de máis de 96.300 euros á mellora da eficiencia enerxética da instalación de iluminación interior do polideportivo municipal, así como á execución do ramal de saneamento e bombeo no núcleo de Maceira.

A execución do ramal de saneamento e bombeo en Maceira contou cunha achega da Xunta de máis de 69.700 euros que permitiu que este servizo chegue a todas as vivendas grazas a ampliación da rede de colectores. Os traballos incluíron a construción dun colector de saneamento e dun pozo de bombeo, así como a instalación dun cadro eléctrico. A colaboración do Goberno galego neste proxecto materializouse a través da liña non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental, destinado a apoiar os concellos nas melloras que repercutan no medio natural e na eficiencia enerxética das instalacións municipais.

Por outra banda, no polideportivo municipal substituíronse as luminarias por lámpadas de tecnoloxía LED máis eficientes co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética da iluminación interior das instalacións. A axuda da Xunta ascendeu a máis de 26.500 euros no marco dunha das liñas do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local (FCL) dirixida precisamente a acadar un maior aforro de enerxía nos edificios de titularidade municipal. Canto ao fondo base do FCL, o concello de Covelo recibiu o ano pasado máis de 206.300 euros.

O alcalde salientou a importancia destas dúas intervencións ao ter que ver con servizos básicos de uso diario. “O pavillón municipal ten actividade todos os días e nela adestran clubs e escolas deportivas, ademais de acoller torneos e distintos eventos. As obras de Maceira tamén eran urxentes e agora continuaremos nesta liña de traballo en todas as parroquias”.

Relacionadas

O Rosal recuncho a recuncho coa nova andaina interpretativa pola Senda dos Pescadores

0
A ruta será o 19 de maio e terá unha dificultade baixa-moderada. As persoas interesadas en participar deberán inscribirse a partir do 8 de...

A horta urbana do concello de Nigrán na Ramallosa cumpre 2 anos de funcionamento...

0
A esta súmase outro espazo municipal de 104 metros cadrados adicados ao cultivo no parque Vázquez Grela. Entre ambas, preto de 40 veciños traballan...

A alcaldesa de Mos estuda co novo Conselleiro, José López, importantes proxectos culturais para...

0
Destacan entre eles a terceira fase da rehabilitación da antiga Reitoral de Petelos e a posta en valor do Castro de Torroso A alcaldesa de...

O concello de Bueu consegue o distintivo azul para o Estaleiros de Purro e...

0
• Este espazo, englobado na zona da Banda do Río, recibe por primeira vez o galardón polo que, segundo destaca o alcalde, “seguimos reforzando...

Alcaldes dos 5 concellos con cárceres reúnense en Madrid con representantes de institucións peninteciarias

0
Solicitan unha compensación económica pola prestación de servizos públicos municipais e polo custo reputacional e o impacto que supón na súa imaxe dispoñer deste...

Sinalización intelixente e contidos dixitais de enogastronomía, primeiros avances nos proxectos do PSTD do...

0
Alcaldesas, alcaldes, concelleiros e concelleiras fixeron un balance dos primeiros pasos que se están a dar para levar a cabo iniciativas relacionadas coa transición...

Publicacións Relacionadas