Sae a rúa novamente a terceira edición do Tacamúsica

Redacción

A partir do 23 de maio e ata o mes de xullo sae novamente á rúa o ciclo de música en directo en espazos públicos organizada polo Concello da Guarda,  Tocamúsica e que neste ano 2026 cumpre a que será a súa terceira edición. O programa pretende ser un evento importante e destacado na axenda, onde a música ocupa o lugar protagonista, para compartir un espazo público e un momento de ocio con amigas e amigos.

A programación para este ano será:

– El Cuarto de Tula é un homenaxe a “Buena Vista Social Club” con todo o sabor Cubano.23 maio 12:30 horas, Praza Avelino Vicente.

– Stormy Trucks Liderado por Valentín Caamaño tocarán temas propios con versións de clásicos do Rock.12 de xuño, 21 horas, Rúa Vicente Sobrino

– God Good é Unha banda de soul e funk que te levará a unha viaxe cargada de ritmo. 28 de xuño,12:30 horas no parque Chan do Conde – fronte Igrexa San Benito.

– Los Kalahari, Repertorio completo de “Siniestro Total” co seu exguitarra Javier Soto e o último batería Andrés Cunha. 23 de xullo 21:00 horas, Praza do Reló.

O programa conta co apoio do Plan + Provincia da Deputación de Pontevedra.

Comparte este artigo