Home Pontevedra O Condado Salvaterra milenaria contará este ano cun mercado e actividades no recinto amurallado

Salvaterra milenaria contará este ano cun mercado e actividades no recinto amurallado

- Anuncio -

A programación terá lugar o vindeiro 25 de maio e contará con postos e actividades para nen@s e familias.
O vindeiro 24 de maio celebramos os máis de mil anos de historia da vila de Salvaterra de Miño, xa que o primeiro documento escrito que fai referencia a esta localidade foi asinado o 24 de maio do ano 991.
Con motivo desta celebración, o Concello de Salvaterra de Miño prepara un día de actividades no recinto amurallado pensada para tod@s.
Nesta ocasión dende a Concellería de Cultura organízase un mercado-exposición onde comercios, artesáns ou asociacións interesados poderán participar deste evento que terá lugar o sábado 25 de maio durante todo o día.
Ademais o Concello de Salvaterra tamén ten programadas actividades para @s nen@s pola mañá con xogos populares e contos sobre a historia de Salvaterra e pola tarde unha actividade familiar con acertixos e probas.
Aqueles interesados en participar no mercado-exposición deberán enviar os seus datos a seguinte dirección de correo electrónico comunicacion@concellodesalvaterra.org

Relacionadas

A Deputación oferta esta semana dúas novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolven de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e programación A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico...

A Deputación organiza no Museo de Pontevedra unha xornada sobre Alfredo García Alén, figura...

0
A actividade terá lugar o xoves 30 de maio no Edificio Castelao e nela abordarase a traxectoria vital de García Alén, a súa faceta...

A Deputación leva esta semana a Soutomaior as XX Xornadas de Xenealoxía, Heráldica e...

0
As xornadas terán lugar entre este martes, 21 de maio, e o xoves 23 na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior e abranguen...

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

Publicacións Relacionadas