Home Pontevedra Silvia Junco liderará o comité de campaña do PP de Pontevedra para...

Silvia Junco liderará o comité de campaña do PP de Pontevedra para as europeas

- Anuncio -

• A popular agradece “a confianza que Rafa Domínguez sempre depositou en min, desde que me elixiu para as carteiras de Servizos Sociais e Turismo”

• O presidente do PP de Pontevedra asegura que “a súa dedicación e compromiso por mellorar a nosa cidade redundará en beneficio do partido”

O Partido Popular de Pontevedra designa o seu comité de campaña, dirixido por Silvia Junco, para “volver sacar un resultado excepcional” nas eleccións ao Parlamento Europeo que se celebrarán a segunda fin de semana de xuño.

A popular, número catro do grupo municipal no Concello de Pontevedra, agradeceu “a confianza que Rafa Domínguez sempre depositou en min desde que se puxo en contacto comigo, antes das eleccións municipais do 2019, para levar as áreas de Servizos Sociais e Turismo do Partido Popular”.

Pola súa banda, o presidente do PP e portavoz municipal asegurou que “a dedicación e compromiso que Silvia Junco sempre demostrou por mellorar esta cidade redundará en beneficio do partido” na próxima cita electoral.

Junco prepara a estratexia electoral do partido máis votado nos comicios municipais e autonómicos coa “responsabilidade de liderar á formación popular cara a unha nova vitoria, que reforce o posicionamento de España en Europa”.

Co obxectivo de alcanzar o mellor resultado, a coordinadora de campaña conformará un grupo de traballo con persoas de diferentes perfís e idades, comprometidos coa axenda electoral durante a campaña, e que se encargarán de organizar os diferentes actos do Partido Popular.

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas