- No marco desta iniciativa sinalizáronse como “Espazos Libres de Fume” o IES Soutomaior, o CEIP Manuel Padín Truiteiro, o Colexio Santiago Apóstol e o Pavillón Municipal.
- A iniciativa Epazos sen Fume busca promover unha vida libre de fume e que protexa, sobre todo, á poboación infantoxuvenil e desnormalizar o hábito de fumar en espazos convivenciais públicos.
O Concello de Soutomaior únese á campaña de “Espazos sen Fume”, impulsada pola Asocación Española contra o Cancro, co obxectivo de fomentar hábitos de vida saudables e protexer á poboación, especialmente aos menores, da exposición de fume do tabaco en espazos públicos.
No marco desta iniciativa, no Concello, procedeuse á sinalización de diferentes espazos libres de fume, incluíndo tanto o tabaco tradicional como os dispositivos de vapeo. As zonas sinaladas son IES Soutomaior, o CEIP Manuel Padín Truiteiro, o Colexio Santiago Apóstol e o Pavillón Municipal da Montesiña “Alfonso Pazos”.
O acto de sinalización asistiu, Gonzalo Outeiro, concelleiro de Educación en Soutomaior, Patricia Camellese, técnica de promoción de saúde da Asociación Española Contra o Cancro, e Carmen García, coordinadora de Atención ao Paciente da entidad.
Tal e como dixo nesta xornada o concelleiro de Educación, Gonzalo Outeiro, “entendemos, dende o Concello de Soutomaior, que esta campaña é moi importante, cremos que é a mellor maneira para combater nos adolectestes os malos hábitos, ben sexa fumar ou produtos de uso recreativos, que conlevan grandes prexuízos para a saúde como poden ser os vapers. A mellor manera de combater é a través da información e concienciación, por iso parécenos imprescindible levala aos centros educativos”.
Esta iniciativa promove a creación de ambientes libres da exposición ao fume nocivo do tabaco tradicional e/ou electrónico, en espazos abertos de uso público e colectivo cun enfoque baseado na concienciación e a educación. O obxectivo é fomentar unha vida libre de fume que protexa, sobre todo á poboación infantoxuvenil, desnomalizar o hábito de fumar en espazos convivenciais públicos reforzando o papel modélico positivo dos adultos en relación co consumo do tabaco e incentivar o abandono do hábito tabáquico e axudar no proceso. Todo, co obxectivo final de conseguir que, no ano 2030, en liña coa Unión Europea, haxa a primeira xeración libre de fume de tabaco.
Con esta adhesión, o Concello de Soutomaior e a Asociación Española Contra o Cancro unen esforzos para promover hábitos de vida saudables e protexer á ciudadanía, especialmente aos menores, fronte á exposición do fume do tabaco. Ambas entidades reafirman así o seu compromiso coa prevención de enfermidades e o impulso de entornos máis saudables para toda a poboación.
Máis espazos sen fume, menos tabaquismo
Dende Asociación Contra o Cancro deixaron claro nesta xornada que o tabaco produce cancro en aqueles que fuman e tamén nos que respiran o fume do tabacodeotros, xa que está amosado que o fume provoca cancro xa que contén máis de 70 sustancias canceríxenas.De 8 millóns de persoas que falecen cada ano a causa do tabaco 1 millón nunca fumou, e 65.000 son menores.

