Home Pontevedra Baixo Miño Tomiño celebra unha nova xornada de adopción de cans e gatos

Tomiño celebra unha nova xornada de adopción de cans e gatos

- Anuncio -

Organizado polo grupo de voluntariado da OMIX, ‘Peludos en apuros’ estará este sábado 27 de abril na Praza do Seixo

Co obxectivo de concienciar sobre a tenencia responsable de mascotas e fomentar a adopción de animais de compañía, o Concello de Tomiño celebra este sábado 27 de abril unha nova edición de ‘Peludos en apuros’, unha xornada de sensibilización e adopción de cans e gatos aberta a todos os públicos.

Organizada polo grupo de voluntariado da OMIX de Tomiño, ‘Peludos en apuros’ estará de 10.00 a 14.00 horas na Praza do Seixo para promover a adopción fronte á compra de animais de compañía nun encontro para posibles persoas ou familias adoptantes no que se informará a todas e todos os visitantes sobre o problema do abandono e se asesorará sobre os pasos a seguir para adoptar unha mascota.

Durante a xornada, buscarase tamén concienciar a todo o público da importancia de facerse responsable dos animais de compañía e non abandonalos ao longo do ano, tentando combater as estatísticas, segundo as que cada tres minutos unha mascota é abandonada en España, unha das cifras máis altas de abandono animal de Europa.

Dende o Concello e o grupo de voluntariado da OMIX de Tomiño agradécese a colaboración cidadá, non só participando na xornada senón tamén a través da doazón de alimentos e materiais como xoguetes, mantas, area… que serán entregados ás protectoras colaboradoras.

Relacionadas

Mos adxudica a redacción do proxecto de mellora da contorna da Igrexa de Sanguiñeda

0
-          A resolución da licitación do contrato vén de ser aprobada en Xunta de Goberno Local e conta con subvención da Deputación -          O Concello optará ao...

Luis López avanza un apoio de 416.000 euros da Deputación ao Concello de Arbo...

0
O presidente provincial repasou co rexedor Horacio Gil os investimentos aprobados polo goberno provincial neste municipio, que supera o millón de euros grazas a...

Bueu celebra este MAIO as Letras Galegas ‘para poñer en valor a lingua en...

0
Carmen García, concelleira de cultura e normalización lingüística, agradece a colaboración dos colectivos da vila no programa que tamén visibiliza a figura de Luísa...

Un percorrido pola senda do Furnia centra esta fin de semana as dúas citas...

0
Inclúen á visita ás igrexas parroquiais de Malvas e Pexegueiro, ás esculturas de Rai e á empresa Trigo y Limpio Dobre proposta esta fin de...

O BNG urxe medidas de promoción do emprego en Vigo fronte ao “triunfalismo inxustificado”...

0
A fronte nacionalista alerta de que aínda non se convocaron este ano as axudas do Plan Municipal de Emprego, os programas de inserción laboral...

A primavera continúa no Mercado de Tomiño cun obradoiro de conservas

0
Amparo Grandía, de Petiscos, impartirá este taller o vindeiro mércores 15 de maio de 10.30 a 13.30 horas Abertas as inscricións na web do mercado O...

Publicacións Relacionadas