Home Pontevedra Baixo Miño Tomiño dá pulo ao comercio local de Goián coa mellora da accesibilidade...

Tomiño dá pulo ao comercio local de Goián coa mellora da accesibilidade e a creación de novos microespazos

- Anuncio -

O Concello continúa revitalizando o comercio local coa colocación de ramplas nos soportais da praza Pintor Antonio Fernández e a creación de espazos de lecer que atraian a un maior público

As obras forman parte das accións previstas ao abeiro do proxecto Atenda, financiado con 1,7 millóns de euros de fondos europeos

Tomiño continúa coa súa labor de mellora dos espazos públicos e o apoio e promoción do comercio inicial. O Concello está a levar a cabo traballos de mellora da accesibilidade e da imaxe dos soportais da praza Pintor Antonio Fernández de Goián, unhas obras que suporán un investimento de case 120.000 euros financiados ao abeiro das diferentes accións recollidas en Atenda, un proxecto financiado con case 1,7 millóns de euros de fondos europeos NextGenerationEu e que obtiveron poucos concellos en toda Galicia para dar pulo ao comercio local.

“Estas obras son un paso máis na aposta estratéxica do Goberno municipal polo comercio de Tomiño, un camiño para o que captamos fondos europeos que nos permiten levar adiante actuacións integrais en eidos tan diversos como a modernización, a dixitalización ou a adecuación do comercio local. Coas obras que estamos a levar a cabo en Goián non só melloramos a accesibilidade e a imaxe dos espazos comerciais, senón que estamos a investir no benestar e na calidade de vida de veciños e veciñas. E seguiremos traballando para facer de Tomiño un concello máis inclusivo, sostible e habitable para todos e todas”, destaca a alcaldesa, Sandra González.

Esta intervención continúa as actuacións estratéxicas realizadas polo Concello dende 2015 para favorecer a mobilidade peonil inclusiva nas principais rúas comerciais do núcleo urbano de Goián. Tras a peonalización da contorna, con este novo proxecto as galerías comerciais situadas á altura dos edificios número 24, 26 e 28 da Avenida Ordóñez, integrarase de xeito total no espazo público de preferencia peonil de Goián coa implementación de dúas ramplas de acceso á entreplanta e ao semisoto, a un metro de cota sobre a rúa aproximadamente. Unha integración estética e física coa que se resolverá a accesibilidade nas galerías, con varios locais comerciais; garantirase que todos os veciños e veciñas que viven nesas vivendas poidan gozar dos servizos da zona, e crearase unha pequena plataforma para eventos.

O proxecto complementarase coa mellora da iluminación nos soportais e coa creación de microespazos que permitirá seguir recuperando espazo público para as persoas, colocando diferente mobiliario urbano como bancos e xardineiras cos que xerar zonas de reunión e encontro que permitan mellorar e potenciar a contorna, servindo como atractivo para as persoas e contribuíndo a dotar de máis e mellores oportunidades ao comercio local.

Relacionadas

Redondela rende homenaxe a Pablo Couñago no 25º aniversario da conquista do Mundial de...

0
Este 2024 cúmprense 25 anos da primeira conquista mundial do fútbol español. Foi coa selección sub-20 dirixida por Iñaki Sáez, que logrou o título...

A Deputación levará este domingo a 170 persoas da provincia a desfrutar en Sanxenxo,...

0
Son veciños e veciñas de 30 concellos da provincia, que chegarán ao Hotel Carlos I e ao Gran Talaso, en Sanxenxo, ao Talaso Hotel...

Luis López recibe o alumnado do CPR San José de Pontevedra na súa visita...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu este xoves unha vintena de alumnos e alumnas de 5º de Primaria do CPR San...

Tui un destino único e cheo de maxia para celebrar estas festas

0
O Mercado de Nadal e o Taller Máxico de Papa Noel destacan nas actividades desta ponte festiva Este Nadal, Tui convértese no lugar ideal para...

Luis López anuncia o reparto de 80.000 euros entre oito clubs náuticos da comarca...

0
Son 17.000 euros para dous clubs de piragüismo, 52.000 euros para catro clubs de remo e 9.000 euros para dous clubs de vela, que...

Luis López anuncia o reparto de 190.000 euros entre 19 clubs náuticos de sete...

0
Son 73.000 euros para sete clubs de piragüismo, 67.000 euros para oito clubs de remo e 47.000  euros para catro clubs de vela, que...

Publicacións Relacionadas