Torneo de Vóley praia 3×3 “Gran premio a pebida – vila rosa”

adminON
Lectura mínima de 2

Mañá sábado día 27 de Julio na praia da Ladeira, a Concellería de deportes do Concello de Baiona, dirixida por Ana María igrexas, organiza conxuntamente co Club Vigo Vóley unha nova edición do xa tradicional torneo de Vóley praia 3×3 “Gran premio a pebida – vila rosa”, que ten como patrocinadores oficiais á Pebida Burger e Villa rosa Baiona coa Colaboración de Granichán,a Caixa, Area, protección Civil e Coca cola. O torneo será un éxito de participación, xa que teremos un total de 64 equipos participantes (48 na categoría de adultos e 16 en categoría de sub 14), cun total de 300 deportist@s participantes repartidos nas categorías de adultos e sub 14 e prevese un gran ambiente cun notable número de seguidores ao longo de todo o día. O torneo desenvolverase a partir das 10.00 horas e dispoñerase de 6 pistas de xogo utilizando un sistema de xogo por grupos, con enfrontamentos de todos contra todos, clasificándose os dous primeiros de cada grupo aos seguintes cadros competitivos:

• Cadro final.

• Cadro consolación 1.

• Cadro consolación 2.

A organización entregará a todos os equipos participantes bebida e comida para pasar un día de praia así como os trofeos aos primeiros clasificados de cada grupo así como unha camiseta alegórica a todos os participantes nesta XXIII edición do torneo de vóley praia 3×3 “Gran premio A PEBIDA – VILLAROSA”

Comparte este artigo