Home Pontevedra Baixo Miño Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

- Anuncio -

Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño

Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de natureza que organiza o Concello de Tui, a través da concellería de Turismo. Vanse celebrar dende este sábado, 28 de abril, até o 30 de xuño.

Coñecer as aves dende a beira do Miño, un paseo en barco, percorrer a senda do río Furnia ou a do río Tripes, gozar da natureza en rede Natura en Ribadelouro, e mesmo visitar os xardíns ocultos da cidade será posible grazas a esta iniciativa.

A primeira das actividades terá lugar este domingo, 28 de abril, ás 10 h dende a praia da Mariña, no Paseo Fluvial. Será a Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño conducida por dous guías da Sociedade Española de Ornitoloxía, SEO Birdlife. Na mesma contarase con prismáticos, dous telescopios terrestres e unha guía de especies para observar as aves. A duración estimada é de 3 horas e media. Ofértanse 25 prazas. As persoas interesadas poden inscribirse gratuitamente na Oficina de Turismo, no correo turismo@tui.gal ou no teléfono 677 41 84 05. Poderase anotar a persoa solicitante e un máximo de tres acompañantes. No momento de cubrir as 25 prazas ofertadas crearase unha listaxe de agarda.

Forma parte tamén desta iniciativa a XX Andaina Solidaria Tudense que se celebrará o sábado 4 de maio organizada polo Club Andatui coa colaboración do Concello de Tui. A inscrición está aberta até o martes 30 de abril en www.andatui.es cun prezo de 12€. Sairá ás 9 h dende a rúa Olímpicos Tudenses para realizar un percorrido de 24 quilómetros até o cumio do Aloia e regreso ao centro de urbano

A terceira das actividades Río Miño, patrimonio natural terá lugar o domingo, 5 de maio, consistente nun paseo en barco, en colaboración con Río Miño en Barco. Haberá dúas viaxes ás 11 h e ás 12 h cun prezo de 6€ por persoa. Vai especialmente dirixido a familias, e ao coincidir co Día da Nai haberá un detalle para as nais. Neste caso a inscrición debe realizarse en riominoenbarco.com ou no 662 31 25 20.
Na fin de semana do 11 e 12 de maio percorrerase o senda do río Furnia. O sábado 11 será o tramo na parroquia de Malvas, con visita á exposición de esculturas de Rai, á igrexa de Malvas, ao aserradoiro e aos muíños da contorna, e o domingo 12 ao tramo na parroquia de Pexegueiro con visita á empresa Trigo y Limpio dedicada á produción de trigo callobre e á elaboración de fariña de trigo natural, xunto á igrexa de Pexegueiro, á ponte do Mosteiro e ao Camiño Real.

Dende o Centro Cultural de Ribadelouro partirá o domingo 19 de maio o roteiro pola Zona de Especial Protección dos Valores Naturais Rede Natura nesta parroquia tudense. O sábado 25 de maio percorrerase o Roteiro da Pedra Santa e río Lagartón. Tanto esta andaina coma a de Ribadelouro contarán cunha actuación musical. As propostas do mes de maio complétanse co Trilho da Fortaleza, que forma parte do calendario de andainas da Eurocidade, o domingo 26 de maio. A inscrición neste caso, cun prezo de 6€, debe realizarse en andatui.es.

Esta iniciativa continuara en xuño co Roteiro Literario pola beira do Miño (sábado 8), a Andaina polo río Furnia (domingo 9), o roteiro polos Muíños do Tripes (domingo 16), o roteiro urbano polos xardíns ocultos da cidade (domingo 23), e rematará coa Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño (domingo 30).

As persoas interesadas poden inscribirse gratuitamente na Oficina de Turismo, no correo turismo@tui.gal ou no teléfono 677 41 84 05, coa salvidade de que para a ruta en barco a inscrición farase en riominoenbarco.com ou no 662 31 25 20, e para a XX Andaina Solidaria tudense e o Trilho da Fortaleza en andatui.es.

Relacionadas

Facer o Camiño en Handbike e Joëlette

0
Un grupo de persoas usuarias e voluntarias do Instituto Médico Pedagóxico de Barcelona e de Discamino fixeron un alto na súa viaxe a Santiago...

Os centros de saúde e os hospitais da Área Sanitaria conciencian sobre a importancia...

0
Os centros asistenciais de Pontevedra e O Salnés realizaron hoxe diversas actividades divulgativas con motivo do Día Mundial da Hixiene de Mans, unha iniciativa...

A Plataforma da estrada EP-2702 que lidera a loita pola rehabilitación, reúnese co alcalde...

0
O alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, reuniuse hoxe cos integrantes da plataforma da estrada EP-2702 para abordar os trámites relacionados co inicio...

O Castro British International School acollerá a World Robot Olympiad – Vigo 2024

0
O evento, organizado por Logonautas, congregará a máis dun centenar de mozos de entre 6 e 15 anos apaixonados da robótica do sur de...

Luis López destaca a importancia de festas culturais como a do Día de Colón,...

0
O presidente provincial participou na presentación dunha festa que cumpre dez anos e que se celebra os vindeiros 10 e 11 de maio en...

A Deputación atende a demanda das confrarías e agrupacións de mariscadoras e permite destinar...

0
Trátase, tal e como remarcou o presidente provincial, de “dar resposta ao clamor que nos trasladou o sector nas diferentes reunións que tivemos cos...

Publicacións Relacionadas