Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Deza Turexpo Galicia 2024: un referente para o sector turístico con máis de...

Turexpo Galicia 2024: un referente para o sector turístico con máis de 30 turoperadores e a estrea de Xordania e Filipinas nas súas mesas de negocio

- Anuncio -
  • AS EMPRESAS E DESTINOS QUE ACUDAN Á SÚA BOLSA DE CONTRATACIÓN PODERÁN AMOSARLLES A SÚA OFERTA DURANTE O PRIMEIRO DÍA E MEDIO DESTE SALÓN, QUE SE DESENVOLVERÁ DO 30 DE MAIO AO 2 DE XUÑO NA FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA
  • ADEMAIS PARTICIPARÁN NUN FAM TRIP QUE OS LEVARÁ POR A ESTRADA, FERROL, BETANZOS E SANTIAGO DE COMPOSTELA

O XIII Salón Turístico de Galicia, Turexpo Galicia 2024, o cal se levará a cabo do 30 de maio ao 2 de xuño co apoio da Axencia Turismo de Galicia, contará unha vez máis coa súa recoñecida Bolsa de Contratación. Esta volverá ser unha efectiva plataforma de negocio para a oferta turística participante.

Así, no seu marco están confirmados máis de 30 turoperadores con presenza en once países, como son Alemaña, Arxentina, Australia, Brasil, España, Italia, Israel, Polonia, Portugal e, por primeira vez, Xordania e Filipinas

Na súa maioría trátase de axencias tradicionais ou axencias de “incoming” (axencias de receptivo especializados en destino España e Portugal que traballan para emisores doutros mercados), buscando outras especificamente propostas relacionadas co turismo de benestar, de incentivos, familiar ou relixioso.

Entre as súas demandas para coñecer nestes encontros, moitos dos operadores turísticos destacan hoteis, empresas de servizos, axencias de viaxes, propostas tanto de lecer e cultura como gastronómicas e de enoturismo, ademais de parques naturais, empresas de transporte ou maioristas.

Estes operadores coñecerán a oferta de empresas do sector do turismo, a maioría galegas, e tamén destinos. Todos eles poderán mostrarlles detalladamente as súas propostas aos operadores turísticos co obxectivo de que as incorporen ás ofertas que farán aos seus clientes nos países nos que operan. Será a través de reunións axendadas en función dos intereses de ambas partes durante o 30 de maio todo o día e a mañá do 31 de maio, o cal se corresponde co primeiro día e medio do certame, que ademais terá lugar xunto á Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia.

Fam Trip en A Estrada, Betanzos e Ferrol

A estas mesas de negocio engadirase unha pequena viaxe de familiarización no que participará a maioría de operadores turísticos asistentes.

Este fam trip comezará a tarde do venres 31 de maio cunha visita ao Pazo de Oca e os seus históricos xardíns en A Estrada e á finca de enoturismo María Manuela, en Boqueixón.

O sábado 1 de xuño coñecerán Ferrol, realizando unha viaxe en barco pola ría, visitando tanto o Castelo de San Felipe como o Arsenal e o muso Exponav e tamén degustando produtos do mar no Parador da cidade. Ademais, trasladaranse a Betanzos para pasear polo seu centro histórico e probar produtos locais.

Xa o domingo 2 de xuño coñecerán o tramo final do camiño de Santiago, visitarán a Catedral e rematarán a viaxe descubrindo o centro histórico de Compostela.

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas