Mañá venres 15 de maio termina o prazo para inscribirse en “A roteiro dás palabras esquecidas”, unha visita guiada organizada con motivo do “Día das Letras Galegas” pola concellaría de Turismo de Baiona.
O vindeiro domingo 17 de maio, a partir das 11.00 horas, terá lugar este especial roteiro guiado na que en cada parada se dará explicación sobre o valor patrimonial de cada espazo, tanto material como inmaterial, e cada espazo vincularase a unha “palabra esquecida”, é dicir, unha palabra galega que, por referirse a realidades que van desaparecendo na vida actual van diminuíndo o uso ou desaparecendo do noso vocabulario, tanto porque se refiran a realidades que se van perdendo (obxectos, oficios, costumes e tradicións) ou por outras causas.
Tamén se aproveitará para enxalzar a riqueza da Lingua Galega facendo alusión a diferentes xiros e variantes léxicas locais, pois Baiona conta cun amplísimo vocabulario local.
Trátase de combinar, ao longo do percorrido, os valores tanxibles e intanxibles do patrimonio local a través doutro elemento patrimonial que é a nosa lingua e que precisamente festexamos ese día.
Desde a concellaría ofrécese esta visita atractiva para quen vén de fóra de Baiona como para o público local, pois se trata de descubrir o patrimonio material e inmaterial da vila desde unha perspectiva diferente á habitual. O departamento municipal invitan a participar e enriquecer a experiencia das persoas participantes facendo que estes realizen as súas propias memorias e achegas vitais tanto no uso de espazos como do vocabulario local.
O percorrido partirá desde a Oficina de Turismo e estará guiado por unha guía oficial de Galicia. As prazas son limitadas e é necesario inscribirse no correo electrónico: oficinadeturismo@baiona.gal (enviando nome completo de cada unha das persoas, procedencia, un teléfono de contacto e, no caso de que haxa menores de idade, a idade de cada un deles). O prazo de inscrición termina o venres, 15 de maio, ás 14.30 horas.
Esta iniciativa, impulsada pola concellaría de Turismo, forma parte do calendario anual de roteiros, visitas temáticas e visitas-taller (infantís) que buscan poñer en valor o patrimonio local.
Así, durante este mes de maio, o sábado 30 de maio, haberá un percorrido guiado polo paseo Monte Boi. Ás 11.00 horas desde a oficina de turismo de Baiona. As prazas son limitadas e é necesario inscribirse no correo electrónico: oficinadeturismo@baiona.gal (enviando nome completo de cada unha das persoas, procedencia, un teléfono de contacto e, no caso de que haxa menores de idade, a idade de cada un deles). O prazo de inscrición termina o venres, 29 de maio, ás 14.30 horas.
Desde a concellaría de Turismo de Baiona infórmase de que cada mes se informará das datas das distintas visitas organizadas polo departamento municipal. As visitas serán de diferentes tipos: haberá visitas polo Centro histórico, paseo Monte Boi, Virxe da Roca, Santa Marta, senda dos muíños de Baredo, Camino de Santiago e pola Baiona Mariñeira, alén doutras visitas- taller, orientadas a público infantil e familiar, sobre diferente temática.

