Unha unidade móbil de doazón de sangue estará en Goián este martes 27 de febreiro

adminON
Lectura mínima de 2

Estará situada na parada do autobús (na Carballeira) de 16.00 a 21.00 horas

Goián acolle este martes 27 de febreiro unha nova visita dunha unidade móbil da Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue. Como ven sendo habitual, a unidade estará situada na parada do autobús, na Carballeira, de 16.00 a 21.00 horas para todas aquelas persoas que desexen achegar a súa pinga de solidariedade. As reservas de sangue dos grupos A-, 0+ e AB- están a niveis baixos, polo que dende a Axencia faise un chamamento a acudir a doar.
A Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) é un organismo público dependente da Consellería de Sanidade que engloba o centro de transfusión de Galicia. Entre os seus obxectivos atópase o de subministrar compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia en función das súas necesidades.
Cada día ADOS despraza dez unidades móbiles a diferentes puntos de Galicia e mantén abertos sete puntos fixos de doazón nos principais hospitais na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e preparadas para atender ás e aos doentes que así o precisen.
As persoas interesadas en doar deben lembrar que só poden doar os maiores de 18 anos cun peso mínimo de 50 kg, que hai que almorzar ou agardar dúas horas despois do xantar e levar tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. Recoméndase non acudir a doar se nos últimos 15 días se tivo febre, tose ou problemas respiratorios e débese informar ao persoal médico se se está a tomar algunha medicación.

Comparte este artigo