Home Pontevedra Baixo Miño Xa está aberta na praza da Inmaculada a “Casa dos Libros Orfos”

Xa está aberta na praza da Inmaculada a “Casa dos Libros Orfos”

- Anuncio -

Dende onte, 23 de abril, Día do Libro, está en funcionamento, nun dos quioscos da céntrica Praza da Inmaculada,  a “Casa dos libros orfos”, unha iniciativa da Biblioteca Municipal tudense. No antigo quiosco a Biblioteca tudense depositou un amplo conxunto de libros repetidos ou descatalogados que pon ao dispor da cidadanía que pode collelos en calquera momento para gozar dun rato de lectura na propia Praza ou levalo á casa, e mesmo quedarse con el coa única condición de deixar outro no seu lugar. Nesta “Casa dos libros orfos” tamén teñen cabida os libros que xa non interesan nos andeis domésticos, coa condición que no sexan enciclopedias ou libros obsoletos.

Como indican dende a Biblioteca Municipal:  este quiosco convértese así nun espazo de acollida de libros e de lectores onde teñen cabida os libros que xa non teñen espazo na nosa biblioteca ou nos andeis das nosas casas, os libros que non teñen quen os lea…  son libros orfos os que queremos darlle neste quiosco a súa casa.

En palabras de Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura, esta proposta trata de achegar os libros á veciñanza, dándolle unha nova oportunidade aos libros repetidos de converterse nunha ocasión de lecer, de coñecemento ou de enriquecemento persoal. A concelleira convida á veciñanza a achegarse a esta “Casa dos libros orfos” cunha chamada a manter o orde nos andeis deste quiosco e a non estragar as obras alí depositadas.

Esta actividade forma parte da programación do “Mes das Letras” que promove a concellería de Ensino, Cultura e Mocidade a través da Biblioteca Municipal. A próxima cita será este venres, 26 de abril, ás 20 h coa presentación do libro de Felín Romero: “Querida Arcea”, organizado pola Liberia Nobel, na Sala Municipal de Exposicións (Edificio “Francisco Sánchez”.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas