Home Vigo O Porriño Xornadas formativas sobre enfermidades de transmisión sexual nos centros educativos do Porriño

Xornadas formativas sobre enfermidades de transmisión sexual nos centros educativos do Porriño

- Anuncio -
  • 240 estudantes de  2º da ESO do Porriño asisten a obradoiros de educación sexual

Hoxe tivo lugar a derradeira xornada de educación enfocadas a enfermidades de transmisión sexual (E.T.S) destinada a estudiantes de 2º da ESO do Porriño. Estas formacións, están impulsadas pola Concellería de Sanidade no marco de Plan de Saúde Local e a OMIX do Porriño, e contan coa colaboración do Centro de Saúde.

O obxectivo xeral é proporcionar información específica, promover actitudes positivas cara á sexualidade e ás condutas sexuais e dotar á mocidade de recursos e habilidades para afrontar situacións de risco e vivir relacións saudables, seguras e satisfactorias.

Estos obradoiros de hora e media de duración foron xa impartidos nos centros CPR Santo Tomás e CPR Hermanos Quiroga o 23 de abril, e no IES Pino Manso o pasado día 26. Hoxe foron os alumnos/as do IES Ribeira do Louro os que recibiron esta formación, chegando así a un total de 240 mozos/as do Porriño.

Lonxe de desaparecer, as Enfermidades de Transmisión Sexual (ETS) continúan aumentando en España, segundo os datos do 2022 recollidos nun informe do Centro Europeo para el Control y Prevención de Enfermedades (ECDC), presentados o pasado 7 de marzo. “Calquera ETS non detectada nin tratada ao seu debido tempo pode complicarse e deixar graves secuelas dependendo do tipo de bacteria ou virus que a provoque, polo que é fundamental informar á nosa mocidade de a que se poden enfrontar chegado o caso”, sinala dona Teresa Veloso, Concelleira de Sanidade do Concello do Porriño.

O doutor Gonzalo Magdaleno, do Centro de Saúde do Porriño, foi o encargado de impartir estes obradoiros de ETS e comparte que “precisamente van dirixidos a mocidade de 13 e 14 anos porque é cando se inician nas relacións sexuais”. Magdaleno fai fincapé no “uso do preservativo como único método seguro de prevención” e salienta que cada día son diagnosticadas máis dun millón de ETS no mundo, segundo os datos da OMS.

Con esta actividade de hoxe dáse por concluída a parte de formación do programa de formación dirixido a centros educativos que impulsa a Concellería de Sanidade. En total máis de mil estudiantes de Educación Primaria, Educación Secundaria e Educación Especial do Porriño recibiron formación nesta curso en materias de hixiene dental, alimentación saudable e enfermidades de transmisión sexual. Asimesmo, o profesorado dos centros educativos foron formados en primeiros auxilios.

Relacionadas

A Deputación oferta esta semana dúas novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolven de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e programación A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico...

A Deputación organiza no Museo de Pontevedra unha xornada sobre Alfredo García Alén, figura...

0
A actividade terá lugar o xoves 30 de maio no Edificio Castelao e nela abordarase a traxectoria vital de García Alén, a súa faceta...

A Deputación leva esta semana a Soutomaior as XX Xornadas de Xenealoxía, Heráldica e...

0
As xornadas terán lugar entre este martes, 21 de maio, e o xoves 23 na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior e abranguen...

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

Publicacións Relacionadas