Home Vigo O Porriño Xunta e concello reforzan a súa aposta pola cultura no Porriño

Xunta e concello reforzan a súa aposta pola cultura no Porriño

- Anuncio -
  • O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López,  visitou hoxe o Porriño para coñecer de primeira man as necesidades do municipio e establecer vías de colaboración entre ambas administracións

O alcalde, Alejandro Lorenzo, recibiu hoxe ao conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López, na súa primeira visita institucional ao Concello do Porriño.

López, que firmou no libro de honra da institución, destacou que se trata de unha das primeiras visitas que realiza a un concello como conselleiro da nova área de goberno que pretende visibilizar e poñer en valor a cultura galega, o uso da nosa lingua e impulsar políticas dirixidas a resolver os problemas co que se atopa a mocidade.

“O Porriño é un concello que representa a esa Galicia con empuxe, e por iso é necesario coñecer de primeira man as súas necesidades”, explicou o conselleiro, “Coñecemos perfectamente cal é a folla de ruta que ten o Concello do Porriño e son moitos os ámbitos nos que imos traballar conxuntamente”.

O representante autonómico destacou que ademais “unha efeméride importante como é o 150 aniversario do nacemento do arquitecto Antonio Palacios e o centenario da Casa Consistorial será moi relevante  a nivel autonómico, xa que se trata dun persoeiro ilustre da arquitectura, do urbanismo e da cultura de Galicia”.

Neste sentido López tendeu a man a manter unha colaboración “moi atenta, dinámica e próxima ás necesidades que poida ter O Porriño”.

Sobre a mesa moitas propostas de traballo conxunto a abordar entre ambas administracións, como é a programación conmemorativa do ano “Antonio Palacios. Patrimonio Cultural do Porriño”, a creación do novo auditorio ou a proxección dun Cine Municipal, entre outras. Pola súa banda, o alcalde quixo agradecer ao conselleiro a súa disposición a reforzar a colaboración co Porriño. “Todas as áreas que representa son de vital importancia para o noso Concello e en todas elas temos proxectos e iniciativas que, estou seguro, contarán coa colaboración da Xunta de Galicia. Coa súa axuda seguiremos facendo do Porriño un referente cultural”. 

Relacionadas

A Deputación oferta esta semana dúas novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolven de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e programación A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico...

A Deputación organiza no Museo de Pontevedra unha xornada sobre Alfredo García Alén, figura...

0
A actividade terá lugar o xoves 30 de maio no Edificio Castelao e nela abordarase a traxectoria vital de García Alén, a súa faceta...

A Deputación leva esta semana a Soutomaior as XX Xornadas de Xenealoxía, Heráldica e...

0
As xornadas terán lugar entre este martes, 21 de maio, e o xoves 23 na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior e abranguen...

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

Publicacións Relacionadas