Home Xunta de Galicia A Xunta oferta cursos de balde para que o alumnado se prepare...

A Xunta oferta cursos de balde para que o alumnado se prepare para as probas das escolas de idiomas

- Anuncio -

— Os centros poden solicitar ata o 10 de xuño sumarse a este programa, que se realiza fóra do horario lectivo en catro niveis de inglés, francés, alemán e portugués

— Esta iniciativa súmase ás axudas de 100€ por alumno para sufragar probas de idiomas de institucións ou empresas certificadoras oficialmente recoñecidas

A Xunta de Galicia ten aberta a convocatoria para que os centros educativos soliciten organizar cursos dirixidos á preparación das probas de escolas oficiais de idiomas. Son os chamados cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado (Cuale), que se imparten en inglés, francés. alemán e portugués. Neles poden participar estudantes de centros públicos integrados, institutos de Secundaria e centros integrados de FP.
A actividade é totalmente gratuíta para as familias e é impartida por profesores do propio centro. Existen catro modalidades en cada unha das linguas, correspondentes aos niveis A1, A2, B1 e B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.

Os centros que desexen ofertar os cursos deberán facer a correspondente solicitude en liña completando o formulario electrónico dispoñible na aplicación á que se accede desde o Portal Educativo. Poderán solicitar a súa participación ata o 10 de xuño. Os detalles poden consultarse no Diario Oficial de Galicia.

ESO, Bacharelato e FP
A modalidade Cuale A1 vai dirixida aos estudantes que superasen todas as materias de 2º da ESO e que estean matriculados en 3º, mentres que Cuale A2 está destinada ao alumnado que superase todas as materias de 3º da ESO e estea matriculado en 4º curso, así como aos inscritos en ciclos de FP de grao medio de menos de 2.000 horas.

Cuale B1 é para alumnado de Bacharelato, de grao medio de FP de 2.000 horas e de grao superior de menos de 2.000 horas. Pola súa parte, Cuale B2 está dispoñible para Bacharelato, ciclos de FP de grao superior de 2.000 horas e para quen teña o certificado del nivel intermedio das escolas oficiais de idiomas ou outros certificados do nivel B1.

A superación das probas ao remate do curso supón a expedición por parte do centro dun certificado, no caso do nivel básico do Cuale A1, e dun certificado de aproveitamento do curso preparatorio para as probas de certificación que se realizarán nas escolas oficiais de idiomas, no resto das modalidades. Para a obtención dos certificados oficiais é necesario que os estudantes superen as probas específicas que as escolas oficiais de idiomas realizan cada ano.
Axudas para a acreditación
Este programa, que se enmarca na Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras, Edulingüe 2030, ten como obxectivo que o alumnado mellore as súas competencias en outros idiomas desde o seu propio centro educativo.

Súmase ao Programa de Acreditación en Linguas Estranxeiras que ten en marcha a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, a través do que de 5.500 alumnos de 205 centros de toda Galicia poderán certificar as súas competencias lingüísticas en diferentes idiomas a través de probas de específicas financiadas pola Xunta.
Ao seu abeiro, a Consellería de Educación habilita unha partida de 550.000€ para o financiamento destas probas, cunha contía de 100€ por alumno, que vai destinada a sufragar o custo das probas das destrezas orais e escritas que realicen estudantes de 4º de ESO, Bacharelato ou FP para certificar os niveis B1, B2 ou C1 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas, correspondentes cos niveis intermedio e avanzado. Poden empregarse para as probas de institucións ou empresas certificadoras oficialmente recoñecidas.

Relacionadas

Galicia avanza cara ao cumprimento dos obxectivos de desenvolvemento sustentable en 2030 e supera...

0
— A Xunta remitirá ao Parlamento o segundo informe de seguimento da Axenda 2030, que constata a boa posición da Comunidade en materias como...

A Xunta aposta por concienciar aos máis novos sobre a protección dos espazos naturais...

0
— Ángeles Vázquez destaca a importancia de facer unha xestión sustentable de áreas como o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés pois son verdadeiros...

A Xunta conciencia á rapazado do Carballiño sobre a importancia dos mercados e das...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiu este mediodía no Carballiño a un obradoiro de alumnado de 3º e 4º da...

A Xunta investíu preto de 90.000 euros na mellora de máis de 10 quilómetros...

0
Os traballos, que comezaron no mes de febreiro e remataron na segunda semana de maio, afectaron a diferentes regos e afluentes vencellados co río...

A Xunta destaca os coidaos especializados que reciben os maiores no Centro de Día...

0
Asinarase un convenio co Concello para realizar obras de mellora neste servizo de atención diúrna ao que acoden unha vintena de usuarios O xerente do...

As II Xornadas da Academia Galega de Teatro abordan co apoio da xunta o...

0
Máis de 30 persoas asisten ao encontro, que se desenvolve no Pazo de Mariñán ata mañá sábado Baixo o título ‘O deseño das programacións teatrais...

Publicacións Relacionadas