A Área Sanitaria recibiu a 32 estudiantes de sexto de Medicina que realizarán o seu último curso no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

Redacción
  • –      Coma novidade deste curso e por primeiro ano no CHUP pontevedrés, outros catro alumnos de 5º de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela efectuarán rotacións de Práctica Clínica III durante catro semanas nos servizos de Cardioloxía, Anestesioloxía e Reanimación, Uxencias e Oftalmoloxía
  • –      Este é o duodécimo ano que os centros sanitarios pontevedreses imparten esta formación completa a alumnado do Campus compostelán, no que participan 400 facultativos do CHUP

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés recibiu hoxe a 32 estudantes de sexto curso de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, que inician o seu curso académico no Complexo Hospitalario Universitario pontevedrés. Ao longo desta semana, este colectivo comeza o seu plan de formación práctica, no que rotará por servizos dos hospitais Provincial e Montecelo, polo centro de especialidades de Mollabao e nos centros de saúde de A Parda e de Virxe Peregrina.

Coma novidade deste curso e por primeiro ano no CHUP pontevedrés, outros catro alumnos de 5º de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela efectuarán rotacións de Práctica Clínica III durante catro semanas nos servizos de Cardioloxía, Anestesioloxía e Reanimación, Uxencias e Oftalmoloxía.

Divididos en grupos, o alumnado de sexto curso de Medicina levará a cabo rotacións, regradas e obrigatorias, por servizos coma Psiquiatría, Pediatría, Xinecoloxía, Medicina Interna, Cirurxía e Traumatoloxía, ademáis da especialidade de Medicina Familiar e Comunitaria, baixo a supervisión dos seus respectivos titores coordinadores.

Así mesmo, estes alumnos terán posibilidade formativa de achegarse a outros servizos do Complexo pontevedrés doutras áreas médico-cirúrxicas para, finalmente, recibir unha avaliación ao remate do curso académico. Este é o duodécimo ano que os centros sanitarios pontevedreses imparten esta formación completa a alumnado do Campus compostelán, no que participan 400 facultativos do CHUP.

Formación nun entorno sanitario de prestixio

Grazas ao plan de formación, os estudantes benefícianse de poder realizar a totalidade do último curso de Medicina nun entorno sanitario de prestixio, tanto polas súas instalacións coma polos seus profesionais, a través dun completo programa rotatorio de prácticas, no que contarán de xeito continuado co apoio dun titor coordinador.

No que atinxe ao plan de formación, as liñas de traballo deste programa afondan nas competencias máis específicas, afianzando os coñecementos globais previos, acadando un maior aproveitamento dos recursos do Servizo Galego de Saúde e a homoxeneización da docencia no eido sanitario.

Comparte este artigo