Free Porn
xbporn
Home Xunta de Galicia A campaña GALICIA SABE AMAR desembarca na capital coruñesa para levar a calidade...

A campaña GALICIA SABE AMAR desembarca na capital coruñesa para levar a calidade dos produtos pesqueiros galegos a Riazor

- Anuncio -

– A iniciativa, retomada pola Consellería do Mar no pasado mes de agosto, estará presente con catro foodtrucks na explanada de Riazor para que todos os afeccionados poidan degustar petiscos gratuítos co mellor produto do mar de Galicia

O cidade herculina enfronta unha xornada o vindeiro domingo cunha gran actividade deportiva marcada pola celebración da final da Supercopa de España de hóckey patines e o encontro de liga entre o RC Deportivo contra o Málaga CF. Ambas citas contarán co mellor sabor do peixe e mariscos galegos da man da Consellería do Mar a través de campaña GALICIA SABE AMAR que desembarcará con catro foodtrucks na explanada de Riazor.

Alí afeccionados e curiosos poderán gozar de diferentes petiscos especialmente deseñados para esta acción de promoción que ten como obxectivo divulgar entre a cidadanía a riqueza gastronómica e o excelente produto vinculado co mar de Galicia. Unha iniciativa que trata de concienciar tamén aos consumidores da importancia de introducir estes alimentos como parte dunha dieta equilibrada polas súas excepcionais propiedades nutricionais.

Así, non só se reivindica o recoñecido sabor e calidade dos alimentos mariños da comunidade senón que tamén a saúde e benestar que proporcionan nun contexto de progresivo descenso da súa presenza na cesta da compra. Por outra banda, tamén se pon en valor o traballo e dedicación dos profesionais do mar, auténticos artífices de que cheguen estes produtos a todos os pratos en unhas óptimas condicións. Unha actividade económica que emprega na nosa comunidade ao redor de 50.000 persoas e que representa preto do 5 % do PIB.

Relacionadas

Lorenzana anuncia que as empresas poderán solicitar solo industrial gratuíto durante os oito primeiros...

0
— A medida pon a disposición das empresas máis de medio millón de metros cadrados en réxime de dereito de superficie a custo cero...

Rueda defende unhaa reforma do financiamiento autonómico nun marco multilateral

0
 Sostén que cómpre seguir loitando para “que a igualdade básica entre todos os españois se manteña”  Avoga por poñer en marcha políticas públicas...

A Xunta pon en valor os premios de executivas de Galicia e as recoñecidas...

0
— O conselleiro destacou as achegas da catedrática Mª Emilia Casas Baamonde -entre outras- para aplicar a perspectiva de xénero ao Dereito e as...

A Xunta pon en valor o traballo da Policía para consolidar Galicia como unha...

0
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e a secretaria xeral técnica da Consellería do Mar, Marta Barreiro, participaron hoxe na conmemoración...

O Murallón de Son celebra a súa terceira edición co apoio da Xunta para...

0
— Incorpórase á listaxe dos 11 festivais apoiados pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través da convocatoria anual de axudas e dos...

Román Rodríguez gaba a creatividade dos 77 alumnos de 11 centros educativos premiados polas...

0
— “Hai unha gran valentía nas vosas propostas e ese valor é o que debe levarvos a traballar para cambiar as cousas”, sinala o...

Publicacións Relacionadas