Home Xunta de Galicia A Xunta colabora con UNICEF para garantir a educación e a protección...

A Xunta colabora con UNICEF para garantir a educación e a protección dos menores afectados polo terremoto de Haití

- Anuncio -

― A Vicepresidencia Primeira, a través da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, colabora con 40.000 euros nas accións postas en marcha pola ONGD en auxilio da poboación dos departamentos do sur afectados polo movemento sísmico, coa previsión de chegar a 840 alumnos de 23 escolas

― A axuda súmase aos 100.000 euros do convenio asinado coa entidade para cubrir as necesidades máis urxentes da poboación afectada por catástrofes e crises sanitarias

A Xunta acordou colaborar con Unicef para garantir a educación e a protección dos menores afectados polo terremoto de Haití. Con ese obxectivo, o Fondo de Nacións Unidas para a Infancia e a Vicepresidencia Primeira asinaron unha addenda ao convenio firmado o pasado mes de abril coa ONGD por un importe de 100.000 euros co obxectivo de cubrir as necesidades máis urxentes da poboación afectada por catástrofes e crises sanitarias.

A nova axuda, por un importe de 40.000 euros, vai destinada a garantir a educación e a protección dos menores afectados polo terremoto de Haití. O movemento sísmico que tivo lugar no mes de agosto repercutiu, sobre todo, nos departamentos do sur do país. Segundo os últimos datos dispoñibles, das 1.017 escolas dos departamentos afectados, 171 están destruídas e 567 parcialmente derrubadas.

Unicef constatou sobre o terreo o risco no que se atopan os nenos e adolescentes da zona, tanto pola falta de seguridade como polas dificultades que teñen para ter garantido o seu dereito á educación. Nese contexto, a delegación española de Unicef prevé chegar, co apoio de axuda pública e privada, a 840 menores de entre 6 e 14 anos, alumnos de 23 escolas seleccionadas para o desenvolvemento do programa e que se atopan en situación de vulnerabilidade.

Intervencións en Siria e Venezuela

Froito do convenio coa Xunta, Unicef levou a cabo este ano outras dúas actuacións de emerxencia; a primeira delas, para protexer dos efectos da pandemia aos menores en situación de risco en Siria, e na segunda, para garantir a alimentación, a saúde e o acceso á educación dos nenos e nenas do Distrito Capital, en Venezuela.
O Fondo de Nacións Unidas para a Infancia (Unicef) é a principal organización internacional que traballa para promover os dereitos dos nenos e das nenas no mundo, e conta con capacidade técnica e loxística, ademais de autorizacións, para dar unha resposta axeitada ás actividades programadas, con presenza en 190 países susceptibles de recibir axuda humanitaria ou de emerxencia.
A Xunta de Galicia vén colaborando dende hai anos co comité español e co comité autonómico galego de Unicef. O importe das subvencións concedidas no ano 2021 ascende a 324.000 euros e o total das subvencións concedidas nos últimos dez anos elévase a 1.269.250 euros.

Relacionadas

Arranca a coordinación da Xunta da marca turística do norte peninsular co compromiso de...

0
Este ano, Galicia lidera a organización e coordinación das actividades da marcaAo final de 2024 estará listo o maior corredor ecoturístico que atravesará lugares...

A Xunta convoca catro cursos para membros das forzas de seguridade ao abeiro do...

0
― O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a oferta formativa para o primeiro semestre deste ano con 184 prazas que suman as catro...

O 97% do alumnado de cuarto de Infanti obten praza no centro educativo escollido...

0
— Este ano recibíronse un total de 14.379 solicitudes de nenos de tres anos, que se incorporan así ao sistema educativo, para as 21.137...

A Xunta presenta novas campañas de prevención de riscos laborais co gallo do Día...

0
― O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, clausurou hoxe en Ourense a presentación dunha campaña do Instituto de Seguridade e...

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés cubre once prazas de especialistas no...

0
― O Hospital Provincial acolleu esta mañá o acto de toma de posesión de boa parte dos facultativos, que acadaron praza fixa no Sergas...

A Xunta lamenta que o Partido Socialista Pretenda incumprir a Lei de Costas Estatal...

0
— O conselleiro Román Rodríguez subliña que construír un pavillón neste centro non é unha cuestión de “vontade política” senón de “legalidade” urbanística — Lembra...

Publicacións Relacionadas