HomeXunta de GaliciaA Xunta defende un futuro da política de cohesión descentralizado e a...

A Xunta defende un futuro da política de cohesión descentralizado e a creación de Macrorrexión Atlántica

- Anuncio -spot_img

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, participou na asemblea xeral da Comisión do Arco Atlántico, onde rexeitou que o novo marco financeiro plurianual da Unión Europea sexa un plan único por estado membro

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na asemblea xeral Comisión do Arco Atlántico da Conferencia das Rexións Periféricas Marítimas en Sevilla, na que se fixo balance do último ano e se presentaron as previsións para 2026.

O director xeral interveu na sesión Un novo marco financeiro plurianual da UE: que hai para o Atlántico, onde defendeu un futuro da política de cohesión descentralizado e o rexeitamento da Xunta ao cambio de modelo cara un plan único por estado membro. Esta postura está baseada nas experiencias previas que mostran que os programas operativos rexionais son a fórmula máis eficiente para a xestión dos orzamentos europeos destinados á cohesión, porque “son as rexións e comunidades autónomas as que mellor coñecen as súas realidades, as súas necesidades e as súas fortalezas”.

Por outra banda, a Xunta mostrase partidaria de que a Unión Europea poda dispoñer de novos recursos propios, que lle permitan afrontar os novos retos e tamén avanzar na política rexional e na cooperación territorial tanto interrexional como transfronteiriza.

Canto ao avance no proceso de creación da Macrorrexión Atlántica, a Presidencia da Comisión do Arco Atlántico, que ostenta o País Vasco, detallou progresos significativos que fan prever novidades para o segundo semestre deste mesmo ano. Galicia, xunto co País Vasco, lidera a creación destra Macrorrexión co obxectivo de elevar o status da Estratexia Atlántica, para dotala dunha dimensión territorial e unha cooperación máis ambiciosa entre as rexións implicadas na proposta.

Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas

A Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas (CPRM) aglutina máis de 150 rexións de 24 países dentro e fora da Unión Europea. Foi formada en 1973 e o seu principal obxectivo é asegurar que os intereses e necesidades das seus máis de 200 millóns de habitantes se reflicten nas políticas da UE. A CPRM está dividida en seis comisións territoriais que desenvolve a súa actividade en ámbitos como o futuro da política de cohesión, asuntos marítimos, desenvolvemento azul, transporte e accesibilidade, enerxía e cambio climático, migracións ou gobernanza europea.

Publicacións Relacionadas