Home Xunta de Galicia A Xunta destaca o papel do Programa Mentor na formación e emancipación...

A Xunta destaca o papel do Programa Mentor na formación e emancipación de adolescentes tutelado

- Anuncio -

O obxectivo é facilitar a mozos que están no sistema de protección as ferramentas que necesitan para que poidan desenvolverse tanto persoal como profesionalmente

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, puxo hoxe en valor a importancia que ten o programa Mentor para axudar na transición á vida adulta de xente moza tutelada pola Administración autonómica. Fíxoo durante unha visita unha das vivendas que a Xunta destina a adolescentes que se benefician desta iniciativa de inserción sociolaboral, na que participan cada ano case 700 mozos das catro provincias galegas.

O director xeral explicou que o obxectivo do programa Mentor é facilitar o mellor escenario posible para que os menores que están no sistema de protección poidan desenvolverse tanto persoal como profesionalmente, facilitándolles as ferramentas que necesitan para a súa formación e emancipación unha vez que superan a maioría de idade.

En concreto, a través do Mentor ofrécese axuda, asesoramento e seguimento profesional a  mozos de entre 16 e 21 anos que están baixo a responsabilidade da Xunta, un apoio que se pode estender ata os 25 anos nalgúns casos. Para levalo a cabo o Goberno galego ten a colaboración de entidades como Igaxes, que contan coa experiencia e os equipos de profesionais axeitados para o correcto funcionamento deste programa.

Galicia pioneira

O programa Mentor comezou a desenvolverse en Galicia hai máis de dúas décadas, converténdose nunha das primeiras en ofrecer aos menores tutelados esta proposta. Unha medida que foi imitada por outras comunidades autónomas e que mereceu o recoñecemento da Unión Europea en múltiples ocasións como exemplo de boas prácticas.

Ademais, no ano 2022 a Xunta impulsou o programa Mentor Rural para promover a empregabilidade destes mozos en concellos distintos ás principais áreas urbanas de Galicia, onde tradicionalmente se viña desenvolvendo o programa Mentor. Este é un proxecto piloto que se implantou nas provincias de Lugo e Ourense para promover a revitalización destas zonas xeográficas e a igualdade de oportunidades.

Relacionadas

Diego Calvo asistiu esta mañá ao encontro entre o Intasa San Sadurniño e o...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta mañá ao encontro...

A Xunta aposta pola mellora paisaxística da Ribeira Sacra co acondicionamento do miradoiro de...

0
Ángeles Vázquez incide no obxectivo de dotar a veciñanza e visitantes dun espazo desde o que desfrutar dos excepcionais valores estéticos da paisaxe da...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A enfermaría de Atención Primaria da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés desenvolve...

0
― Ao longo do 2024 se están a revisar todas as pautas de vacinación das persoas institucionalizadas, e, en concreto, as do pneumococo e...

A Xunta activa na Coruña a tarxeta Xente Nova no móbil para facilitarlle á...

0
— A nova aplicación, dispoñible para os dispositivos de Android e Apple, elimina a necesidade de utilizar o cartón, ter saldo e recargar — Estará...

A Xunta activa desde hoxe a descarga por parte de particulares da 5ª Edición...

0
― A iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración permitirá mobilizar 12 millóns de euros en compras nos establecementos de proximidade, a través...

Publicacións Relacionadas