Home Pontevedra Caldas A Xunta e o concello de Valga colaboran na posta en servizo...

A Xunta e o concello de Valga colaboran na posta en servizo dunha senda peonil no Camiño Portugués

- Anuncio -

 A directora de Turismo de Galicia, visitou hoxe o lugar que ocupará esta vía na que o departamento da Xunta destinou máis de 80.000 euros

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada do delegado da Xunta en Pontevedra, Luis López Diéguez, e o alcalde de Valga, José María Bello, visitou hoxe o lugar no que se levarán a cabo estas obras de adaptación á contorna e ao medio natural da ruta Xacobea en Setecoros.

O Camiño Portugués contará cun novo treito rehabilitado e integrado na contorna natural do municipio de Valga logo de que rematen as obras incluídas no acordo asinado pola Xunta e este concello pontevedrés. Esta actuación desenvolverase nun tramo de máis de 700 metros e contará cun investimento de máis de 80.000 euros que achegará Turismo de Galicia de acordo co convenio de colaboración suscrito entre este departamento da Vicepresidencia 1ª da Xunta e o Concello de Valga.

Na visita as obras da senda peonil, Nava Castro salientou a boa sintonía e a vontade de colaboración entre ambas administracións para levar a cabo estas obras que teñen como obxectivo mellorar o Camiño de Santiago para integralo na paisaxe e facelo máis accessible aos peregrinos.

Neste sentido, a directora de Turismo de Galicia referiuse á Ruta xacobeo como un exemplo de sustentabilidade “que entre todos temos a obriga de protexer e coidar”, polo que –engdíu- hoxe “celebramos esta iniciativa conxunta da Xunta e o Concello de Valga que facilitará o tránsito dos peregrinos por este municipio”.

Máis de 168.000 peregrinos
Ademais, Nava Castro puxo en valor o Camiño de Santiago como un exemplo da recuperación da actividade ao longo deste ano, apuntando como esta vía “non deixa de achegar satisfaccións a toda Galicia” como demostra que xa se rexistrasen máis de 168.000 compostelas cando a prevision da Xunta de Galicia para todo o ano era de 140.000.

Por todo isto, manifestou a directora de Turismo de Galicia, “é preciso reforzar e manter unha colaboración fluída entre as institucións, as asociacións, as empresas e outras entidades que desenvolven a súa actividade arredor do Camiño de Santiago ao obxecto de preserver a súa esencia e conserver toda a súa identidade”.

Por ultimo, Nava Castro agradeceulle ao alcalde de Valga o seu interese pola Ruta xacobeo e por outras actuacións relacionadas co desenvolvemento e a promoción do turismo neste municipio nas que tamén intervén Turismo de Galicia.

Relacionadas

A alcaldesa de Mos estuda co novo Conselleiro, José López, importantes proxectos culturais para...

0
Destacan entre eles a terceira fase da rehabilitación da antiga Reitoral de Petelos e a posta en valor do Castro de Torroso A alcaldesa de...

O concello de Bueu consegue o distintivo azul para o Estaleiros de Purro e...

0
• Este espazo, englobado na zona da Banda do Río, recibe por primeira vez o galardón polo que, segundo destaca o alcalde, “seguimos reforzando...

Alcaldes dos 5 concellos con cárceres reúnense en Madrid con representantes de institucións peninteciarias

0
Solicitan unha compensación económica pola prestación de servizos públicos municipais e polo custo reputacional e o impacto que supón na súa imaxe dispoñer deste...

Sinalización intelixente e contidos dixitais de enogastronomía, primeiros avances nos proxectos do PSTD do...

0
Alcaldesas, alcaldes, concelleiros e concelleiras fixeron un balance dos primeiros pasos que se están a dar para levar a cabo iniciativas relacionadas coa transición...

Abre a exposición “Brontë, Shakespeare y otros frikis: Clásicos que has leído sin saber...

0
Poder visitarse en Tui até o 8 de xuño Avanzando na programación de “Tui en Letras 2024” a Biblioteca Municipal de Tui acolle ata o...

A campaña de tarxetas regalo do Concello tivo un impacto na economía local de...

0
Depositáronse no Buzón da Oficina de Turismo algo máis de 3.000 tickets, o que supón un bo síntoma de que moitos marinenses escolleron os...

Publicacións Relacionadas